sábado, 26 de xaneiro de 2013

UNED COMA: a UNED apúntase aos cursos masivos on-line!


Apenas esta semana anterior saudábamos a inicialización por parte de Miríada X da impartición de MOOC (Cursos Online Masivos en aberto) cando ven agora a UNED e se apunta ao mesmo carro ofertándonos unha ampla gama de cursiños nos que mellorar competencias ou descubrir novos saberes. 

Se ben é certo que a UNED xa conta co seu propio apartado de OCW (ao que por suposto tedes link á dereita do blogue na sección de Open Course Ware) polo menos ata o de agora non tiña novas de que entrara na liza dos MOOC, pero xa o ten feito mediante unha nova sección na súa páxina web na que nos oferta cursos on-line de comercio electrónico, Open Data, contabilidade, inglés, alemán, etc, etc...

Engadirei que no persoal xa teño feito dous cursos de francés polo CUID (sección de idiomas da UNED) e que quedei moi satisfeito dos resultados e o enfoque, por outra parte os únicos aos que podía presentarme nese momento, sendo a UNED para min unha opción tremendamente válida e da que me sorprende que non se teña feito neste país o desenrolo que merece. Como por outra parte son tamén bastante kamikaze, nada máis velo me teño inscrito no curso de inglés básico con mil palabras, que sen duda non me dará un nivel alto do idioma pero creo servirá para apuntalar o meu desenrolo neste idioma. Se queredes cando remate poderemos comentar se me serveu para algo, ainda que o pillo con bastante ilusión. Por outra parte se tendes algo de nivel de inglés e iste curso se vos queda corto sempre podedes inscribirvos no curso de inglés profesional, en principio máis avanzado. 

Xa vos dixen que son bastante kamikaze, así que sí: xa me teño inscrito no de inglés, e poucas cousas máis fáciles: ingresas un correo electrónico, poñes unha clave e estás inscrito. Non, non hai que pagar. Ou alomenos de momento nada. Tampouco tes requisitos previos e promóvese como público a calquer persoa interesada en falar inglés.

Insisto en que podemos comentalo cando queirades, en principio o curso comeza o 18 de febreiro e remata o 18 de abril, data sobre a cal xa poderei darvos unha valoración obxectiva.

Saúdos a todos, e todos a polo coñecemento universal!

martes, 22 de xaneiro de 2013

Infografía: construción dunha torre en estrutura mixta.

Un curioso vídeo mexicano mostrando as fases de montaxe dunha estrutura metal-formigón nun edificio de gran altura. 


Almacenar na nube: Mega Beta.

Se xa queredes saber o que nos ofrece Dotcom, ainda que este señor segue pendente do lío da súa extradición aos EEUU, non hai máis que entrar en https://mega.co.nz

Eu acabo de meterme hoxe e admito que ainda non o teño probado, se ben xa fixen o rexistro e sorprende polo sinxelo. Ningún problema, unha clave e confirmación por correo electrónico: xa estás en Mega. 

Persoalmente creo que Dotcom ten moi asumida a clave para o triunfo na rede: servizo gratuíto limitado e ampliación a servizo premium con moitas máis posibilidades a cambio dun prezo razoable. Simplemente o feito de ofertar gratuítamente garantizoulle un apabullante éxito con máis de medio millón de usuarios rexistrados o primeiro día. 

Unha vez que temos ingresado o plantexameno tamén é pasmosamente fácil. Abrese unha ventana onde xestionamos o espazo que teremos na nube mediante un administrador de arquivos moi semellante ao que empregamos para xestionar os arquivos no PC. Unha mostra do meu escritorio aínda sem empregar (nota: ten catalán e euskera como idiomas de configuración pero aínda lle falta o galego de Carnota :P)





Se xa chegástedes aquí, xa tendes á vosa disposición 50 GB para empregar como espazo de almacenamento na rede, e todo pola cara bonita. Pagando cantidades variables en función do espazo requerido podes chegar aos 8 TB, máis que un disco duro externo dos bos. Cabe a opción de facer un contrato de empresa que abarca varios ordenadores. Polo que respecta á velocidade non tiven problema algún, se ben ao parecer en canto a páxina se abreu foi bloqueada polo grande número de usuarios, polo que o servidor foi ampliado de inmediato. Se atopades problemas por colapso é previsible que nos próximos días queden resoltos, xa que se deben ao propio éxito da idea.  

Eu persoalmente síntome máis que conforme cos 50 GB, aos que espero darlle uso rápidamente incluso como copia de seguridade, ainda que espero ver as posibilidades para compartir arquivos con outros usuarios. 

Aproveitade, que é de balde!

Editado: localizada unha entrevista ao pai do invento. Lembrade que aprender idiomas non é un esforzo senon unha necesidade. 





xoves, 17 de xaneiro de 2013

Curso intensivo de alemán.


Dende a páxina Destino Alemania nos chega un cursiño on-line intensivo para aprender os primeiros pasos co alemán. Non pensedes que tras acabalo poderedes ler a Goethe, xa que o alemán non é como o inglés, pero se queredes darlle a ese idioma por algo hai que empezar.

Deica.

martes, 15 de xaneiro de 2013

Os cursos de Miríada X.

Seguimos coas contribucións á liberalización do coñecemento, e hoxe lle toca á rede Miríada X

Xa hai tempo que as universidades anglosaxonas comezaron a facer non solamente liberación co coñecemento (o noso querido OCW) senon que ademáis ofertan páxinas de cursos on-line gratuítos como o MIT Opencourseware

Paliando a evidente carencia destas ferramentas no mundo hispanoparlante nace Miríada X como unha plataforma para os docentes das universidades hispanoamericanas que conforman a Red Universia. Nesta nova páxina ofértanse Cursos Online Masivos en Aberto (tamén coñecidos como MOOCs), tamén de xeito gratuíto e accesibles para todo o mundo. Basta entrar na sección de cursos (dende agora xa a tendes á dereita na sección de OCW) para atoparvos coas clases on line de teoría de grafos, contratación coas administracións públicas ou alemán para hispanofalantes. 

Ánimo, que os avances da ciencia prometen!

sábado, 12 de xaneiro de 2013

Montaxe de pozos prefabricados

Xa deixei no apartado de Construción Industrial enlace á páxina web de Prefabricados Alberdi, unha casa que posúe tamén unha canle de Youtube onde nos mostran os seus produtos (pavimentos, tubarías e elementos de contención) e o xeito de traballo dos mesmos. 

Como mostra un dos videos onde nos explican a montaxe de pozos de formigón prefabricados. 


xoves, 10 de xaneiro de 2013

A documentación de ANDECE.

ANDECE é a asociación nacional de fabricantes de prefabricados de formigón. 




Se ben ten unha páxina web curiosa de ver, destaco que na mesma aparece un interesante apartado de biblioteca con publicacións nacionais, internacionais e artículos técnicos sobre a rama do formigón prefabricado. 




Como este material abarca tamén o emprego en euroadoquín, baldosa de terrazo, bloques de formigón e fachadas en formigón arquitectónico para todos estes materiais aportan interesantes manuais e guías técnicas que na maioría dos casos podes baixarte directamente en pdf dende este apartado da súa páxina web para libros e este outro para normativa e regulamentación xeral



Tamén aporta información interesante sobre productos, dos que destaco os peches prefabricados, mobiliario urbano e obra civil, e todo con referencias a fabricantes e ligazóns a normativa reguladora, así que xa vos digo que hai que metela en favoritos. 



Saúdos. 

mércores, 9 de xaneiro de 2013

A TV da USC

Se ben o outro día vos puxen a canle televisiva da Universidade de Vigo, hoxe atópome coa páxina de vídeos da Universidade de Santiago de Compostela

Posúe apartados de grandes conferencias (interesantísimo, abofé), actos institucionais e divulgación cultural, como sempre todo ao voso alcance mediante un par de clics de rato. 

Como exemplo e presentación penso que non está nada mal a serie de tres vídeos adicada a Stephen Hawking con motivo da entrega do premio Fonseca, con presentación a cargo do meu veciño Jorge Mira e enfocado aos buracos negros. 

Desfrutade del. 

martes, 8 de xaneiro de 2013

luns, 7 de xaneiro de 2013

Xunta: orde de comprobación de valores de inmobles.

Como derradeira disposición do ano 2012 a Xunta de Galicia emiteu a Orde de 27 do 12 do 2012 polo que se establecen os prezos de mercado aplicables a unha serie de inmobles rústicos e urbanos, de importancia no que se refire a transmisións patrimoniais, sucesións e donacións.

A ligazón aquí.