sábado, 18 de outubro de 2014

Craigslist.


Da igual que pretendas alquilar unha casa, compartir un piso, buscar traballo ou comprar/vender de segunda man. Craigslist é unha páxina web de anuncios clasificados moi sinxela (de feito ten un aspecto en principio excesivamente simple) pero de emprego moi doado se o que queres é buscar vivenda ou comprar de segunda man. Non é preciso nin rexistrarse para ver todo o que ofrece. Con todo sí precisarás efectuar un rexistro se pretendes vender, comprar ou enlazar o teu CV.

Esta web medra cada día recibindo unha asombrosa cantidade de visitas, e de feito xa acada tal popularidade que comeza a ser un problema para a imprensa tradicional, que vai vendo cómo unha das súas seguras fontes de ingresos, os anuncios clasificados, cae en picado desplazándose a sites como o que nos ocupa.

Podedes atopar máis info sobre a páxina e a empresa detrás da mesma na súa entrada de Wikipedia. 

Se queres rexistrarte o proceso é moi sinxelo, non precisas máis que unha dirección de correo electrónico ou un número de teléfono, A partir dalí podes buscar de todo mediante unha palabra clave e poidendo incluír un límite de prezo por compra. Podes procurar unha soa persoa e podes escoller ónde mediante unha busca que comeza por continentes, continúa por países e logo por cidades. Tamén podes activar alertas para recibir información cando haxa unha publicación en Craigslist. Por suposto, todo baixo a túa responsabilidade, e tendo o coidado preciso para navegar con seguridade por Internet, que os anuncios na páxina non están monitorizados e non se pode andar confiado pola rede como demostra esta nova

Espero que vos sexa útil. Deica logo. 

sábado, 4 de outubro de 2014

Tellas enerxéticas transparentes dende Suecia.

Unha nova tecnoloxía simple e inxeniosa recén posta a punto para aproveitar a enerxía solar. A empresa sueca Soltech Energy está detrás destas tellas transparentes, aparentemente unha eficaz alternativa aos paneis solares. 

SolTech Takglaspanna och himmel

"Swedish Solar Thermal Light Absorption Technology" é unha mestura dos medios tradicionais de captación de enerxía solar, a fotovoltaica e a térmica. 

O principio é bastante simple: tellas transparentes de cristal dispóñense sobre toda a superficie de cuberta (de calquera tipo) sobre un revestimento negro concebido para gardar a calor. Un calor captado moi significativo. Sobre o teito dunha gardería infantil de Estocolmo, capital de Suecia, 150 m2 de teito de cristal xeraron en torno a 48.000 kwh/ano. o que da un rendemento dun 320 kwh/m2 por ano, o que significa máis do dobre do consumo enerxético anual dunha vivenda unifamiliar. 

Alta-skola-110818-0103_low08

O sistema permite illar os teitos dos edificios, xerar electricidade e quentar auga. Poidendo instalarse sobre calquera tipo de teito, non aparenta ter máis que vantaxes. De feito as tellas poden seguir a quentar auga ainda que non faga sol. Hai un aforro de superficie significativa ao non ocupar máis que a superficie de tellado, e se ben a estética non é un factor esencial, non deixa de importar cando se realiza tal investimento. 

A tarifa depende lóxicamente do tipo de edificio, pero evidentemente non pode determinarse máis que con orzamento previo, que de todolos xeitos pode superar varios miles de euros. 

Para máis información, o artigo correspondente da páxina web de Soltech Energy. En sueco ou inglés, iso si. 

Deica logo.