sábado, 2 de xaneiro de 2016

Manual on-line de AutoDesk REVIT 2016.

Dende 2011 AutoDesk pechou os grifos de soltar manuais en formato pdf dos seus programas, o que a verdade non me parece tan boa idea aínda que Internet tense desenrolado de sobras nestes anos. 

A cambio disto o que fai a empresa é publicar dixitalmente manuais de axuda dixitais. O que vos traio hoxe ven sendo o manual oficial da empresa para REVIT 2016, a nova versión do programa BIM por excelencia de AutoDesk. Hai que ter en conta que para presentar proxectos no eido da UE as súas institucións xa piden que os proxectos se subministren obrigatoriamente en formato BIM, deixando de lado os arquivos .dwg ou .pdf. 


Imaxes de proxectos arquitectónicos realizados con REVIT

Así pois, o que vos podo deixar de momento é esta ligazón que vos envía directamente ao manual dixital de REVIT, o que espero que vos sirva para a apredizaxe da ferramenta, coa que teño que poñerme eu mesmo sen máis dilación.

E como sempre pode facer falta o manual on-line de calquera dos produtos de Autodesk, aquí vos deixo tamén ligazón á súa páxina de axuda.

A maiores, como sempre pode facer falta, unha publicación que me atopei na páxina de The Masonry Society sobre modelizado de albañilería en BIM. En inglés, iso si. 

E para facer BIM Management, dende a páxina española de Building Smart as guías uBIM de documentos de estandarización para usuarios BIM.

E como nunca ven de máis, un titorial oficial de Autodesk para comezar a andar con esto de REVIT en 6 unidades expostas en documentos pdf: 1, 2, 3, 4, 5 e 6


E para pasar un pouco máis o tempo unha serie de vídeos titoriais nesta lista de reprodución de Youtube, e este titorial dunha casa de dúas plantas xunto con este curso en 8 vídeos

Feliz 2016.