Amosando publicacións coa etiqueta Emprego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emprego. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de marzo de 2015

Algúns requerimentos básicos para traballar na construción no Reino Unido.




Se queres traballar no UK terás que obter a tarxetaCSCS, de obrigatoria presentación para todo aquel que traballe en obra no país. Esta tarxeta asegura que o seu portador ten a formación e cualificación requiridas para o seu posto de traballo. Para obtela é preciso que o traballador aprobe o exame pertinente de Seguridade, Saúde e Medio Ambiente. Para preparar o exame podes comprarte un libro ou DVD co temario (que tamén pode vir en castelán e que pode localizarse nas bibliotecas públicas do Reino Unido), o exame consistirá en 200 preguntas das que hai que responder acertadamente 180. Agora ben, cando se reserva cita para o exame pode solicitarse efectuar o exame en castelán, pero ten que ser cando se efectúa a reserva ou do contrario non poderás pedilo. 







Esta tarxeta ven en distintas cores en función da cualificación profesional do traballador. A un peón correspóndelle a verde, que ten unha validez de 5 anos tras os cales debe ser renovada facendo o exame de novo. A un albanel con experiencia que pretende seguir formándose correspóndelle a vermella, e tras pasar máis tempo e exames podes optar a tomar a tarxeta azul, que corresponde a un operario cualificado.


Máis información aquí e aquí.

E a páxina oficial para quitarse a tarxeta aquí

E un pequeno vídeo con subtítulos como mostra de cómo funciona esto da construcción no UK. 



domingo, 15 de febreiro de 2015

Un aparejador in the UK.


Como esto cada día está máis complicado, a saída cara Inglaterra é unha opción a considerar. Pois trasteando en Youtube téñome atopado esta canle na que un arquitecto técnico nos fala das súas experiencias no Reino Unido. Como supoño que é recomendable aquí vola deixo, a ver se vos serve de algo. 


Saúdos. 

sábado, 18 de outubro de 2014

Craigslist.


Da igual que pretendas alquilar unha casa, compartir un piso, buscar traballo ou comprar/vender de segunda man. Craigslist é unha páxina web de anuncios clasificados moi sinxela (de feito ten un aspecto en principio excesivamente simple) pero de emprego moi doado se o que queres é buscar vivenda ou comprar de segunda man. Non é preciso nin rexistrarse para ver todo o que ofrece. Con todo sí precisarás efectuar un rexistro se pretendes vender, comprar ou enlazar o teu CV.

Esta web medra cada día recibindo unha asombrosa cantidade de visitas, e de feito xa acada tal popularidade que comeza a ser un problema para a imprensa tradicional, que vai vendo cómo unha das súas seguras fontes de ingresos, os anuncios clasificados, cae en picado desplazándose a sites como o que nos ocupa.

Podedes atopar máis info sobre a páxina e a empresa detrás da mesma na súa entrada de Wikipedia. 

Se queres rexistrarte o proceso é moi sinxelo, non precisas máis que unha dirección de correo electrónico ou un número de teléfono, A partir dalí podes buscar de todo mediante unha palabra clave e poidendo incluír un límite de prezo por compra. Podes procurar unha soa persoa e podes escoller ónde mediante unha busca que comeza por continentes, continúa por países e logo por cidades. Tamén podes activar alertas para recibir información cando haxa unha publicación en Craigslist. Por suposto, todo baixo a túa responsabilidade, e tendo o coidado preciso para navegar con seguridade por Internet, que os anuncios na páxina non están monitorizados e non se pode andar confiado pola rede como demostra esta nova

Espero que vos sexa útil. Deica logo. 

sábado, 11 de xaneiro de 2014

Arquitecto Técnico en Inglaterra.

Como a cousa está que arde, hai que mirar novas vías e por hoxe vos traio un destiño nada desdeñable, o Reino Unido, e concretamente no sector da construcción.

O pasado mércores pola noite tivemos unha videoconferencia no Colexio de A Coruña onde se nos explicaron algunhas novas referentes á profesión, entre elas a posibilidade de colexiarnos directamente en Inglaterra co título de Enxeñería da Edificación. Como o tema parece interesante e ten bastante miga estou todavía en proceso de buscar información e referencias ao respecto para publicala noutra entrada máis estructurada, pero que saibades que a posibilidade ten visos de concretarse.

En todo caso e para ir abrindo boca o que me teño encontrado é esta entrada elaborada polo compañeiro Javier Aisa e publicada no blogue de Enrique Alario, na que xa nos explican un pouquiño que Inglaterra pode ser un destiño polo menos case tan apetecible como nos están poñendo Alemania hoxe en día.

Un dos temas interesantes é o alto grao de especialización e organización que atopamos na industria británica na construción. Do que teño mirado ata o momento podemos destacar que dentro do sector construtivo inglés un arquitecto técnico pode desenrolar a súa profesión en ata 32 especializacións (pathways) distintas, polo que cunha certa práctica laboral poderíamos encontrar camiños por onde tirar. Cabe engadir que se en España enteira somos negados para os idiomas no Reino Unido a situación é moito pior: non falan máis que o inglés, o que está limitando a expansión en Latinoamérica de constructoras inglesas, que se interesan por técnicos castelánfalantes aos que pagan soldos bastante aceptables.

A ver se entre este mes e o seguinte vos poño información máis completa.

Saúdos.

sábado, 24 de novembro de 2012

Atopar traballo en redes sociais e Internet.



35webs.com ten preparado esta guía para os que buscan traballo, e cólgoa no blogue xa que a ofertan gratuitamente e piden darlle a máxima difusión.

Esta guía parte do principio básico de afrontar coa cabeza fría a difícil situación do desemprego. Comeza por repasar a redacción de CV (incluíndo cómo convertilo nunha infografía) e carta de presentación,  buscadores de emprego xerais e específicos, e por suposto o uso de Facebook, Linkedin ou Twitter para mostrar a túa busca. Incluso cómo preparar unha entrevista laboral a través de Skype.

E todo con amplas referencias web por se queres ampliar información e puntos de contacto.

Se estás buscando emprego non digo que o poidas conseguir grazas a esta guía, pero pode botarte unha man nun momento en que o mercado laboral é unha loita a cara de can, espero que te sirva de algo e que teñas moita sorte.

Deica. 

sábado, 17 de novembro de 2012

Convalidar titulos para traballar en Alemania


"Vivir y trabajar en Alemania" é unha páxina con interesantes informacións para aqueles que, a diferencia de min, tedes unha idade tal que vos queren en Alemania. 

Nesta entrada ofrecen unha información bastante valiosa sobre a convalidación de títulos en Alemania. 

Cabe engadir como apunte que o proceso de convalidación correspóndelle a cada "land", ainda que se especifica que o goberno federal está pola labor de harmonizar as convalidacións. Despois falan das autonomías españolas...

En fin, ahí vos queda o link da entrada

Deica logo. 

domingo, 21 de outubro de 2012

"Bloguía de empleo"

Nestes tempos nos que tanto importa buscar ou conservar un traballo, aparece esta guía para facer ambas cousas. Téñolle botado un ollo e convenceume bastante, espero que a vós tamén.

Deica.