Amosando publicacións coa etiqueta Materiais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Materiais. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de abril de 2014

50 guías para a construción en madeira.

Dende OVACEN, portal de Eficiencia Enerxética, se nos ofrecen gratuítamente 50 libriños para afinar na construción en madeira.

O post é tan amplio que non o comento, mellor mirádeo e aproveitade o que mellor vos veña. Pero ata tendes unha guía para facer rañaceos en madeira.

Deica.

venres, 20 de decembro de 2013

ETICS: Illar os edificios cambiando a súa pel polo exterior.

Logo teríamos que buscarlle un nome non anglosaxón para o sistema ETICS (External Thermal Insulation Composite Systems with Rendering), pero polo momento é como se lle coñece á técnica de incrementar a inercia térmica da envolvente do edificio mediante a aplicación de illamento polo exterior sen destrución de fachada. Podemos irnos facendo cargo que a técnica ten moitas posibilidades se ben dúas vantaxes sobresaen da mesma: con ela eliminamos por completo as pontes térmicas e podemos facer unha rehabilitación destiñada a mellorar a eficiencia enerxética dun edificio sen perda de superficie útil nin desaloxo dos ocupantes, dun xeito relativamente pouco agresivo. 

Sistema: 

Os ETICS consisten nun illamento térmico polo exterior, conformados por un panel illante prefabricado adherido á envolvente do edificio, mediante adhesivo e fixación mecánica. 

O illamento queda protexido mediante unha ou varias capas de morteiro, unha das cales leva unha malla como reforzo. O revestimento aplícase diretamente sobre o illante, sen cámara de aire. 



Vantaxes técnicas do sistema: 

1 Os ETICS aplícanse de xeito contínuo por toda a fachada, de xeito que o seu emprego evita a formación das pontes térmicas habituais en pilares de fachada, encontros fachada-forxado e dintel e peana de ocos. 

2 Redución das oscilacións térmicas en fachadas, o que repercute nunha diminución das fisuras provocadas en fachada polos continuos cambios climáticos. 

3 Mellora sensible do comportamento da fachada ante a penetración de auga. 


Compoñentes do sistema: 



1 Placas illantes: a máis empregada é a placa de poliestireno expandido EPS con densidade de 20 kg/m3 e espesores de 40, 50, 60 e 80 mm, con marcado CE según UNE EN 13163. Son válidas tamén as placas de poliestireno extruído XPS con marcado CE según UNE EN 13164 e as placas de lá mineral con marcado CE según UNE EN 13162. 


2 Ancoraxe mecánica: ancoraxe plástica de polipropileno con aditivos. Debe escollerse a súa lonxitude en función do espesor da placa de illamento a fin de que a atravesen por completo ata o soporte, cunha profundidade de ancoraxe mínima de 40 mm. Os tamaños comúns atópanse entre 90 e 120 mm. Dispoñen de marcado CE segundo guía DITE 014. Cada casa subministradora fai indicacións do xeito de colocación e número de ancoraxes precisos. 




3 Morteiro adhesivo: de base cementosa, con áridos, adhesivos e resinas, queda listo para o seu emprego unha vez mesturado con auga. Por toda a cara adherida, preferentemente percorrendo o borde e aplicando pegotes no centro. 



4 Morteiro de capa base: aplicado directamente sobre as placas de illamento para reforzo da superficie, con llana ou máquina de proxectar cun espesor aproximado de 2 mm. Aplicarase en dúas capas, e ao rematar a primeira colocarase a malla de reforzo. 

5 Malla de reforzo: armadura de fibra de vidro con misión estabilizante fronte a variacións térmicas e resistencias mecánicas. Existen dous tipos: malla normal para as partes altas do edificio (con peso de 130-200 g/m2) e malla reforzada (con peso de 735 g/m2) para zonas onde exista maior risco de impactos: zócalos, tramos inferiores de fachada, cantos de ocos ou alféizares, etc.Con solapes de 10 cm e nas aristas dando unha volta de 25 cm, e colocada a 45º en esquiñas de ocos. 
Colocarase sobre a primeira capa de morteiro mentres está fresca facendo presión para que quede embebida, e tras o secado da primeira capa de morteiro botarase unha segunda que cubrirá completamente a malla de fibra de vidro. Tras aplicar a segunda capa e esperar un pouco se pasará por todo o enfoscado unha esponxa ou fratás, deixando a superficie o máis lisa posible. 




6 Perfís: de aluminio para aportar resistencia mecánica. En forma de U para a liña máis inferior do revestimento e en esquiñeiro para reforzo das placas en encontros. 




7 Imprimación: aplicada 24 horas da segunda capa de morteiro aplícase unha imprimación de fondeo con brocha ou rodillo para igualar e como ponte antes do acabado final. 



8 Capa de acabado: mediante proxección, fratasado, raiado, talochado ou directo. como remate final.  

Beneficios: 

Múltiples. Comezan por un importante aforro enerxético, un aumento da inercia térmica do edificio que favorece tanto en estación cálida como fría, aforro económico para o propietario e un nada desdeñable incremento do período de vida da fachada. 

Como sempre hai que saber algo máis, vos deixo as referencias web de onde tirei a información. Saúdos. 


http://www.anfapa.com/pdfs/etics.pdf#page=2

http://www.anfapa.com/pdfs/articulos_etics5.pdf

http://www.arquisolux.com/herramienta.php/es/40

http://www.topox.es/media/pdf/esp/Aislamiento_por_el_Exterior_TOPOX.pdf

http://www.basf.es/ecp1/Spain/es_ES/function/conversions:/publish/upload/02_Products_Industries/02_Solutions/SM10MAD-Final

http://basf.xeradordeprezos.info/basf_ob_heck_mad/index.html

http://www.sate-etics.com/

http://www.interempresas.net/Logistica/Articulos/42811-Sistemas-ETICS-una-nueva-piel-para-los-edificios.html


xoves, 10 de xaneiro de 2013

A documentación de ANDECE.

ANDECE é a asociación nacional de fabricantes de prefabricados de formigón. 




Se ben ten unha páxina web curiosa de ver, destaco que na mesma aparece un interesante apartado de biblioteca con publicacións nacionais, internacionais e artículos técnicos sobre a rama do formigón prefabricado. 




Como este material abarca tamén o emprego en euroadoquín, baldosa de terrazo, bloques de formigón e fachadas en formigón arquitectónico para todos estes materiais aportan interesantes manuais e guías técnicas que na maioría dos casos podes baixarte directamente en pdf dende este apartado da súa páxina web para libros e este outro para normativa e regulamentación xeral



Tamén aporta información interesante sobre productos, dos que destaco os peches prefabricados, mobiliario urbano e obra civil, e todo con referencias a fabricantes e ligazóns a normativa reguladora, así que xa vos digo que hai que metela en favoritos. 



Saúdos.