Rede de blogues de ensino.
Nalgúns destes blogues ofrezo contidos de películas ou música con copyright que non me pertenze. Non hai para iso máis intención que a de compartilo como medio de aprendizaxe. Tampouco colgo eu estes contidos á rede senon que simplemente dou enlaces aos mesmos. Quen pense que vulnero os seus dereitos de autor non ten máis que solicitarme a retirada dos enlaces mediante un correo electrónico.
En relación coa entrada anterior, outra na que temos un curso completo de deseño xeométrico de estrada con Civil 3D 2016, dende a importación de puntos ata deseño xeométrico, movemento de terras e seccións obtidas.
Vos adxunto o seguinte video feito polo compañeiro Israel Rodríguez Fernández.Aproveito para sinalar que da súa canle Youtube xa teño posto un par de entradas, esta e máis esta.
No mesmo poderedes contemplar paso por paso a creación dunha presa empregando Civil 3D, neste caso a versión do 2013.
Ademáis, se mirades no primeiro comentario, podedes descargar pola súa cortesía, os arquivos de nivel e perfís da presa.
O autor tamén ten unha interesante lista de reprodución con outros 16 vídeos onde nos explica detalladamente o proceso de elaboración dunha obra liñal con Civil 3D. Para velo, aquí.
Como esto do Autocad Civil 3D 2015 ten para rato, aproveito para deixarvos a lista de reprodución do curso de Autocad Civil 3D 2015 de Whykons en Youtube, cunha serie de 15 capítulos onde nos detalla os procesos de traballo con esta ferramenta, que ofrece tantas posibilidades como esixe coñecemento na súa aplicación. Non deixa de ser recomendable ver a súa canle Youtube onde ofrece cursos de Revit, Sketchup e Office.
A verdade está complicado atopar cursos ou manuais completos e de acceso libre para Civil 3D, de todos os xeitos aquí vos queda outro en Youtube aplicado á versión 2013, e bastante enfocado á topografía.
Se ben me pasou desapercibido, o pasado 7 de abril o Ministerio de Fomento publicou unha nova norma de sinalización horizontal, a 8.1 IC "Señalización vertical", que substitúe a antiga de 1999.
Por último, para rematar cos videos de traballos de obra civil efectuados con Autocad Civil 3D, dende a mesma canle Youtube de Israel Rodríguez Fernández, dous vídeos que nos detallan cómo se efectúan trazados de estradas mediante esta ferramenta.
Cabe engadir que, como podemos ver nos vídeos, Autocad Civil 3D permite a inclusión de plantillas e librarías que se adaptan á normativa específica de cada país, como sería no caso de España a norma de trazado de estradas 3.1 IC. Para iso temos que descargar os "country kits" correspondentes ao noso pais que nos ofrece de xeito gratuíto Autodesk nesta outra ligazón, que veñen coa normativa correspondente ao respectivo país e nos que atopamos o .xml que vimos no video.
A través da páxina web da Xunta de Galicia chegamos á consellería de Medio ambiente, territorio e infraestruturas, que nos ofrece un catálogo visual de estradas de Galicia. Consiste o mesmo nunha base de datos que te permite percorrer visualmente as vías principais das catro provincias galegas, polo menos aquelas transferidas á Xunta de Galicia. Podes facer un percorrido completo polas estradas aparecidas, de xeito completamente visual e poidendo determinar número de carrís, ancho de calzada, peraltes, pendentes, coordenadas UTM e existencia de zanxas, beirarrúas, cunetas... onde sexa preciso trazar redes de servizos. Tamén podes contemplar o estado das infraestruturas e comprobar o trazado de curvas, situación de travesías e localización de rotondas e sinalización. As fotos aparecen coa súa data, o que te permite facer unha idea da súa actualización.
O uso non supón grande dificultade, poidendo facer o percorrido por PKs, pero tamén tes a opción de descarregar un manual en pdf na parte superior esquerda.
Como mostra o inicio do percorrido da estrada AC-404 Santa Comba-Baio.
O usuario de Youtube David Roberto Venegas nos aporta neste video un titorial curiosiño para efectuar un deseño de estrada en Autocad Civil 3D. Espero que vos sexa útil.