Rede de blogues de ensino. Nalgúns destes blogues ofrezo contidos de películas ou música con copyright que non me pertenze. Non hai para iso máis intención que a de compartilo como medio de aprendizaxe. Tampouco colgo eu estes contidos á rede senon que simplemente dou enlaces aos mesmos. Quen pense que vulnero os seus dereitos de autor non ten máis que solicitarme a retirada dos enlaces mediante un correo electrónico.
sábado, 17 de novembro de 2012
A ponte Woodrow Wilson
A conexión dos estados de Virginia e Maryland no entorno da cidade de Washington, unha megaconstrución das de agarrarse.
domingo, 4 de novembro de 2012
Aprender xaponés grazas á tv xaponesa.
Se queres aprender xaponés, a NHK (radio e televisión públicas do Xapón) poñen estes contidos tan favorables aos hispanofalantes.
Trátase dun curso on line estruturado a xeito de radionovela titulada "Xapón, meu amor". Unha locutora latina da explicacións, os diálogos van a cargo de dobladores nativos.
Ademáis se vos metedes na pestaña de radio e podcasts poderedes aprender a cantar "Subaru", a elaborar satsuma-age ou informarvos sobre o Festival internacional de cine de Tokyo.
Que aproveite.

sábado, 3 de novembro de 2012
Lista de vídeos en Youtube para aprendizaxe de idiomas.
Basta con facer unha pequena busca en Youtube para facerse con máis recursos lingüísticos. E busca que te busca atópome coa canle en Youtube de UrStreatWrld
Case nada atoparse unha canle coa que aprender italiano, francés e inglés. Como seguro que vos interesa, ahí vos queda a ligazón que leva a diferentes canles de aprendizaxe. Botádelle un ollo que ten boa pinta.
http://www.youtube.com/user/UrStreatWrld/videos?view=1
Boa finde.
domingo, 28 de outubro de 2012
O Spotify dos libros.
A sociedade dixital avanza imparábel, ben o sabemos aqueles que hai vinte anos ainda andábamos polas aulas universitarias: pouco ten que ver o xeito de traballo actual con aqueles planos a grafo e aqueles orzamentos feitos sobre estadillos con máquinas de escribir que nos fixeron pasar tantas noites en vela.
Agora temos un novo paso nesto da lectura dixital: 24symbols nos ofrece as ventaxas de Spotify aplicadas ao mundo editorial. Tras un breve repaso vexo cousas que non entendo, como clasificar libros como Premium, de xeito que soio son accesibles tras un pago, cando entendo que o servizo Premium debera limitarse a opcións como a descarga ou o copiado e pegado. Por outra parte sorpréndeme ver obras clásicas como Chesterton, Flaubert ou Pirandello directamente clasificadas como Premium, cando esta tipoloxía sería entendible de aplicarse ás novedades editoriais.
De todos os xeitos parece unha páxina interesante que podemos ter en favoritos e da que haberá que ir seguindo a evolución en catálogo de fondos e en prestacións para o usuario libre.
Como sempre, a última palabra téndela vos, ahí vos queda a ligazón.
http://web.24symbols.com/

sábado, 27 de outubro de 2012
Estacionamento de teodolito.
A UPV estame dando grandes satisfaccións a base de OCWs e canles de video con clases.
Por se queredes lembrarvos do estacionamento dun teodolito para comezar un traballo topográfico, aquí tendes unha pequena clase sobre o mesmo. Máis na canle de Youtube da UPV.
Deica.
Por se queredes lembrarvos do estacionamento dun teodolito para comezar un traballo topográfico, aquí tendes unha pequena clase sobre o mesmo. Máis na canle de Youtube da UPV.
Deica.
domingo, 21 de outubro de 2012
"Bloguía de empleo"
Nestes tempos nos que tanto importa buscar ou conservar un traballo, aparece esta guía para facer ambas cousas. Téñolle botado un ollo e convenceume bastante, espero que a vós tamén.
Deica.
Deica.
mércores, 17 de outubro de 2012
Abre as súas portas a escola galega de Administración Pública?
Sinceiramente
descubrir o OCW non me sorprendeu, pero que a EGAP nos faga o favor de mostraros seus contidos déixame coa boca abrida.
De todas
formas, ainda que tarde, benvida sexa a nova que non deixa de ser moi boa. Xa
que teño unha conexión lenta en casa non podo mirar se se pode aceder aos
cursos de teleformación, non me importa que sexa pagando, pero a documentación,
presentacións e arquivos de imaxe incluindo clases e conferencias seguramente
nos axuden aos que temos, tivemos ou simplemente esperamos ter relación co sector
da administración galega. Temas como servizos públicos, lexislación, urbanismo,
turismo e políticas públicas, se son impartidos pola administración non teñen
por qué estar mortos de risa nun caixón ou nun arquivador AZ, é lóxico e
necesario que estean a disposición dos cidadáns.
Estes días
intentarei botarlle unha ollada, se advirto mais cousas interesantes nesta
páxina publicareino nos comentários da entrada. De todos os xeitos esa é unha
labor que ben pode facer tamén o amigo lector.
Deica.
luns, 15 de outubro de 2012
Outro blogue de Víctor Yepes.
Se os anteriores teñen un carácter máis persoal, este é o blogue oficial da súa asignatura Procedimientos de Construcción, na UPV. Moi recomendable se queredes aprender calquera cousa de enxeñería civil.
E, por suposto, outro video como mostra.
sábado, 6 de outubro de 2012
O blogue de Víctor Yepes.
Víctor Yepes Piqueras imparte clase na Universidad Politécnica de Valencia, e tamén se encarga de distribuír os seus apuntes pola rede.
Podemos atopar información recopilada por él no seu blogue ou na súa páxina web, aínda que me interesan moito as súas clases impartidas a través da rede en Youtube.
Para mostra un botón: para a análise do traballo da maquinaria nos explica neste simpático vídeo cómo elaborar un diagrama PERT.

APETEGA
Graciñas a Raquel Alonso, temos tamén a ligazón á páxina web da Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia.
Por certo que na mesma denuncian que o novo anteproxecto de LOMCE fai desaparecer as materias de Tecnoloxía, reducíndoas a 1º de ESO. Ollo ao dato e os que temos que ver co ensino mellor que sigamos o desenrolo desta lei.
Deica.
.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)