Canto máis penso no que foi a eliminación por parte do goberno das tarifas mínimas colexiais a aplicar a encargos efectuados polos colexios profesionais máis penso que foi unha medida apresurada que non tivo en conta o efecto tan coñecido pola administración de "baixa temeraria", e que entendo que trouxo graves problemas de ausencia de calidade no sector da edificación.
Agora ben, agora resulta que hai que facer certificacións de EE nos edificios e hoxe o Ministerio de Hacienda publica unha resolución pola cal autoriza unhas tarifas mínimas a cobrar pola Sociedad Estatal de Gestión del Patrimonio SEGIPSA, que cobrará uns mínimos bastante ben especificados pola administración, é dicir, por ela mesma.
Os de a pé seguiremos a ser paganos.
Rede de blogues de ensino. Nalgúns destes blogues ofrezo contidos de películas ou música con copyright que non me pertenze. Non hai para iso máis intención que a de compartilo como medio de aprendizaxe. Tampouco colgo eu estes contidos á rede senon que simplemente dou enlaces aos mesmos. Quen pense que vulnero os seus dereitos de autor non ten máis que solicitarme a retirada dos enlaces mediante un correo electrónico.
xoves, 21 de novembro de 2013
domingo, 17 de novembro de 2013
Captación e almacenamento de auga potable en Pamplona.
Un pequeno video sobre a captación, potabilización e almacenamento en depósitos do subministro de auga potable á cidade de Pamplona.
sábado, 16 de novembro de 2013
Máis, moitísimo máis sobre os MOOCs.
Despois da primeira, a segunda e a terceira, esta sería a cuarta entrada que facemos neste blogue sobre os MOOC. Aínda que non dubido que o
interese que os mesmos producen xustifica sobradamente tal atención.
De todos os xeitos podemos facer un rápido repasiño sobre os
mesmos: o termo MOOC, ou Curso Aberto Masivo Online, comezouse a empregar en
data tan recente como o ano 2008 por David Cormier, quen facía labouras de
comunicación web e innovación na Universidade de Prince Edward Island.
Os MOOC son cursos universitarios aproveitables por calquera
persoa en calquera parte do mundo sen custe algún. Non se reciben créditos por
eles, pero algúns permiten a obtención dun certificado de aproveitamento. Os
cursos abarcan gran cantidade de materias e son deseñados por primeiras figuras
nos campos abarcados. Moitos están en inglés, ainda que non todos e procurando un pouquiño localízalos en castelán.
Posiblemente o máis coñecido é Coursera. Segundo se pode
obter da rede, ten arredor de 17.000.000 de matrículas de estudantes de 190
países, acadando 240.000 matriculados nun só curso. Oferta uns 400 cursos en máis
de 20 categorías, disponibles en 12 idiomas diferentes.
Edx oferta MOOCs e aulas interactivas on line en materias
como dereito, ciencia, enxeñería, ciencias sociais, informática, saúde e
intelixencia artificial.
O MIT de
Massachussets publica de xeito gratuíto a maioría das materias impartidas nas
súas aulas, ofertando máis de 2.000 cursos.
Stanford posúe tamén cursos en aberto, que ao igual que no
caso do MIT son boas opcións se o que pretendes é seguir ao teu propio ritmo.
Dende Europa, en Alemaña Iversity oferta cursos en inglés e
alemán que entraron na rede o pasado mes de outubro. Future Learn é subsidiaria
da British Open University, e se prevé que os seus cursos estean en liña este
mes de novembro.
Para aprender linguas Duolingo ofrece ensinanzas gratuítas
en idiomas. Con respecto a programación Code Academy oferta leccións libres e
interactivas.
Con respecto a Open Culture, pois que é unha páxina á que
lle teño moita simpatía xa que ten precisamente o espíritu de paseandopolanube:
o seu editor localiza na web cursos, películas, documentais e videos libres, albergándoos no
seu site. Os cursos son de audio e video, podendo descarregarse no PC ou para
lectores mp3.
Agora ben, se do que tedes ganas é de curiosear máis aínda
xa vos deixo á vosa disposición unha listaxe moitísimo máis ampla en http://www.mooc-list.com/
Que pasedes un bó anaco con isto, tedes material para facelo!
domingo, 10 de novembro de 2013
Curso sobre a certificación enerxética con CE3X
Ten algúns fallos de video pero polo demáis é ben interesante se estás no asunto. En dúas partes.
domingo, 20 de outubro de 2013
Algunhas puntualizacións sobre o novo DB HE.
Tras unha visual
aos novos elementos, indicar que o novo DB HE, aprobado por Orden FOM 1635/2013, vai
máis aló do simple aforro enerxético nos edificios. A pretensión deste
documento é seguir a Directiva Europea 2010/31, co obxectivo de diminuír o
consumo enerxético nos edificios ata que no ano 2020 os edificios de nova
construción sexan practicamente autosuficientes, rebaixando o prazo para 2018
no caso dos edificios das Administracións Públicas. As esixencias non chegan
aínda a tal extremo, se ben son previsibles novos cambios nun futuro ben
próximo a fin de acadar tal obxectivo.
De momento a
modificación non é obrigatoria ata o próximo marzo de 2014. Por outra parte afecta a edificios de nova construción e a
ampliacións de edificios existentes.
Con respecto aos
cambios, do que é unha vista por enriba podemos destacar as seguintes
novidades:
1 Aparición da
nova sección HE 0. A partir de agora non chega con dar unha cualificación enerxética
ao edificio ou ampliación proxectados, se non que o documento establece un
límite directo ao seu consumo mediante expresión de kwh/año m2, límite que se
establece en función da zona climática onde se atope o edificio e da superficie
útil do mesmo. Para isto emprégase unha fórmula que calcula o consumo máximo de
enerxía nos servizos de calefacción, refrixeración e ACS.
Se ata agora
metíamos o edificio proxectado en LIDER ou CALENER e simplemente mirábamos que
letra obtiñamos en función de como o tiveramos deseñado, agora temos unha
limitación clara ao consumo máximo. Agora ben, o que se fixa agora é o consumo
de enerxía, e non as emisións de CO2. Loxicamente son esperables actualizacións
nos programas LIDER e CALENER para poder efectuar con eles esta labor.
2 Cambios na
sección HE 1: esta é a sección de limitación de demanda enerxética. Pois ben, o
documento comeza por poñer un límite ás demandas de calefacción e
refrixeración, o que obriga a unha incidencia clara nos valores de illamento, que
poden elevar o espesor do mesmo ata 8 cm.
Tamén debemos
recordar que neste documento do ano 2006 deseñábamos o noso edificio, que era o
edificio obxecto, e que tanto LIDER como a opción simplificada creaban un
edificio de referencia, igual ao edificio obxecto pero que cumpría o DB HE1, e
a esixencia consistía en lograr que o noso edificio tivera unha demanda igual
ou mellor que a do edificio de referencia.
No documento do
ano 2013 a esixencia é unha demanda determinada para calefacción e refrixeración,
polo que LIDER e a opción simplificada CE2 deixan de ser válidos ao non dar
directamente os valores límites das demandas.
3 Cambios na
sección HE 3: esta é a sección de instalacións de iluminación. Fanse máis
esixentes os valores VEEI para cada uso, e efectúase unha limitación de
potencia máxima en función do uso.
4 Cambios na
sección HE 4: esta é a sección de contribución solar da ACS. Simplifícanse
táboas e cálculos. A contribución solar mínima depende nada máis que da zona
climática e modifícanse os valores unitarios de consumo de ACS en función do
uso. Deixamos mapa e táboas de zonas climáticas para empregar o dato de
radiación media diaria da localidade.
Por último,
deixar os documentos de apoio (DA) seguintes publicados un pouco despois da
publicación do novo EH.
luns, 29 de xullo de 2013
Novas versións dos programas CALENER e LIDER adaptadas ao RD 235/2013
A fin de completar a adaptación con respecto ás disposicións do RD 235/2013, sobre todo no referido a edificios existentes, están actualizados os programas de referencia para a calificación de EE de edificios mediante o procedemento xeral.
Estes programas quedan como:
CALENER GT: para cualificación de EE de grandes edificios do sector terciario.
CALENER VyP: para cualificación de EE de edificios de vivendas e pequeno e mediano sector terciario.
Ligazón aos programas cos seus respectivos manuais técnicos e de usuario.
Como seguramente vos vai facer falta tamén, vos queda ahí a ligazón ao programa LIDER, que se atopa na web do CTE con versión de 01 de xullo de 2009. Na mesma páxina tendes un manual de usuario.
En todo caso, LIDER non precisa actualización, xa que temos que lembrar que LIDER únicamente calcula a demanda enerxética dun edificio, sen elaborar a certificación de eficiencia enerxética. Para obter a certificación polo método xeral temos que calcular a demanda en LIDER e despois facer a certificación mediante CALENER.
Se hai dudas podemos comentalo.
Deica.
(Editado a 22 / 9 / 2013)
Incorpórase como programa o CERMA, ferramenta que permite a calificación da Eficiencia Enerxética dos edificios, como documento recoñecido para a Certificación Enerxética. Dende agosto está dispoñible no Rexistro de Documentos Reconocidos de Certificación Energética de Edificios para certificar tanto vivendas novas como existentes.
Polo tanto, a data de hoxe para certificar edificios existentes coa opción simplificada dispoñemos de tres programas de cálculo como documentos recoñecidos:
CE3
CE3x
CERMA
Estes programas quedan como:
CALENER GT: para cualificación de EE de grandes edificios do sector terciario.
CALENER VyP: para cualificación de EE de edificios de vivendas e pequeno e mediano sector terciario.
Ligazón aos programas cos seus respectivos manuais técnicos e de usuario.
Como seguramente vos vai facer falta tamén, vos queda ahí a ligazón ao programa LIDER, que se atopa na web do CTE con versión de 01 de xullo de 2009. Na mesma páxina tendes un manual de usuario.
En todo caso, LIDER non precisa actualización, xa que temos que lembrar que LIDER únicamente calcula a demanda enerxética dun edificio, sen elaborar a certificación de eficiencia enerxética. Para obter a certificación polo método xeral temos que calcular a demanda en LIDER e despois facer a certificación mediante CALENER.
Se hai dudas podemos comentalo.
Deica.
(Editado a 22 / 9 / 2013)
Incorpórase como programa o CERMA, ferramenta que permite a calificación da Eficiencia Enerxética dos edificios, como documento recoñecido para a Certificación Enerxética. Dende agosto está dispoñible no Rexistro de Documentos Reconocidos de Certificación Energética de Edificios para certificar tanto vivendas novas como existentes.
Polo tanto, a data de hoxe para certificar edificios existentes coa opción simplificada dispoñemos de tres programas de cálculo como documentos recoñecidos:
CE3
CE3x
CERMA
mércores, 19 de xuño de 2013
Acceso aos rexistros de certificación de EE de edificios.
Como seguramente saibades, e se non o sabedes ide quedando coa copla, dende o 1 de xuño pasado é obrigatorio para edificios ou vivendas que se vendan ou alquilen un certificado enerxético.
E como o rexistro é autonómico xa temos o lío montado se temos que traballar en diferentes CCAA, así que esta entradiña nos di onde facelo.
Sí, o blogue este xa o tendes á esquerda no apartado de Normativa básica e calidade.
E como o rexistro é autonómico xa temos o lío montado se temos que traballar en diferentes CCAA, así que esta entradiña nos di onde facelo.
Sí, o blogue este xa o tendes á esquerda no apartado de Normativa básica e calidade.
venres, 24 de maio de 2013
Os proxectos de Eduardo Torroja.
Se estades nesto do hormigón, non tedes perdón se non sabedes quén foi Eduardo Torroja, se cadra o enxeñeiro que realmente perfeccionou a técnica de armado e pretensado na península.
Pois a través de Estructurando (páxina polo demáis absolutamente recomendable), e concretamente nesta entrada, descubro que o CEDEX escaneou os orixinais dos seus proxectos e os deixa en formato pdf á vosa disposición, concretamente nesta ligazón.
Solamente como exemplo (como ando un pouco apurado non descarguei e deixo as mesmas imaxes que hai na entrada de Estructurando) ver cómo vos podedes descargar os planos do proxecto da ponte sobre o Eo, incluíndo os cálculos e as notas manuscritas do mesmísimo Eduardo.
Pois a través de Estructurando (páxina polo demáis absolutamente recomendable), e concretamente nesta entrada, descubro que o CEDEX escaneou os orixinais dos seus proxectos e os deixa en formato pdf á vosa disposición, concretamente nesta ligazón.
Solamente como exemplo (como ando un pouco apurado non descarguei e deixo as mesmas imaxes que hai na entrada de Estructurando) ver cómo vos podedes descargar os planos do proxecto da ponte sobre o Eo, incluíndo os cálculos e as notas manuscritas do mesmísimo Eduardo.
De propina ligazón á páxina do Centro de Estudios Históricos de Obras Públicas y Urbanismo, organismo encadrado no CEDEX que efectúa a publicación e no que podedes atopar outras obras ben interesantes sobre a historia da obra pública estatal.
Deica.
Deica.
xoves, 23 de maio de 2013
Office 2013.
O obxecto desta entrada é sinalar que a actualización de Office 2013 xa está na nube.
E se non queredes descargalo e activalo non vexades o video seguinte, nin entredes neste link.
Deica.
E se non queredes descargalo e activalo non vexades o video seguinte, nin entredes neste link.
Deica.
domingo, 5 de maio de 2013
Manexo de datos entre Autocad e Excel.
Aínda que na entrada anterior xa puxemos algo ao respecto, quería subir un par de vídeos titoriais coas posibilidades de paso de datos entre Autocad e Excel, bastante útiles para cuestións topográficas.
O primeiro nos indica cómo pasar puntos de Excel a Autocad.
O primeiro nos indica cómo pasar puntos de Excel a Autocad.
Este outro cómo pasar puntos de Autocad a Excel.
O portal Konstruir.com
Pois o seu nome é o que aparece no título, konstruir.com. Nesta páxina cólganse definicións, fotografías e documentos sobre teoría de construción, posúe un foro e apartados de descarga, e oferta utilidades completamente gratuítas para xustificación de diversos apartados do CTE, despece de ferralla ou elaboración de plannings de obra.
De propina poñen titorais en formato de vídeo na súa canle de Youtube, e xa postos pensei que non estaría de máis poñervos un par de vídeos dos que teñen na mesma.
O primeiro nos explica cómo empregar a utilidade que eles mesmos ofertan para efectuar un planning de prazos e inversións de obra mediante diagrama de Gantt.
O segundo nos indica cómo pasar puntos de replanteo de Autocad a unha táboa Excel. Bastante interesante para os alumnos de 1º de Edificación.
De propina poñen titorais en formato de vídeo na súa canle de Youtube, e xa postos pensei que non estaría de máis poñervos un par de vídeos dos que teñen na mesma.
O primeiro nos explica cómo empregar a utilidade que eles mesmos ofertan para efectuar un planning de prazos e inversións de obra mediante diagrama de Gantt.
Tamén queda un link directo á páxina na lista de ligazóns a apuntes xerais sobre construción.
sábado, 4 de maio de 2013
Ferramentas dixitais para mindmapping.
Empregaremos para
referirnos a eles o termo saxón, se ben eu coñecinos como “diagramas orgánicos”,
termo que me parece mais apropiado... en fin, o esnobismo parece estar bastante
aceptado pola rede.
Un mapa mental
consiste nun esquema de memorización representado de xeito radial, de maneira
máis creativa e esquemática que un típico diagrama de chaves ou por puntos.
Foron popularizados por Tony Buzan coa publicación no 74 do libro “Use yourhead”.
Ao elaborar un
mindmap non metemos no mesmo toda a información, se non unha representación da
mesma: a clave cando se elabora este tipo de esquemas é organizar a información
e aumentar o esquematismo elaborado de xeito que un concepto poida quedar
definido por unha soa palabra ou termo, que actúe como un “gancho” ou “palabra
clave” que arrastre máis conceptos que xa coñecemos previamente, construíndo un
“mapa” dos coñecementos que queremos lembrar, non explicando os mesmos.
Mindmap cos puntos clave de elaboración de mindmaps.
Por outra parte,
o seu xeito de desenrolo é bastante práctico, xa que partimos do centro do
folio onde o elaboramos, tendo maior liberdade e espazo para facer unha
organización dos conceptos que iremos anotando.
Borrador de apuntes polo método de mindmap.
Por suposto que para facer mindmaps non son precisos máis que rotuladores de cores e un folio, se ben esta forma de organización de esquemas é adecuada para o seu tratamento dixital, de xeito que xa
existen na rede aplicacións, moitas delas gratuítas, que nos permiten elaborar
no noso ordenador mapas mentais fácil e rapidamente.
Mindmap dixital con conceptos básicos de instalacións eléctricas.
Acerca da súa
utilidade, emprego e elaboración teño atopado un curso básico de mapas mentais
ben interesante elaborado pola Diputación Foral de Guipúscoa que poño á vosa
disposición aquí.
Aparte dunha
serie de seis vídeos onde explican detallada e graficamente o seu emprego podes
descargar un arquivo en pdf na parte inferior, no link Anexo: descargar manual completo, para
telo gardado.
Se tedes interese polo procedemento (o teño empregado con bos resultados, por certo) vos deixo como remate algunhas direccións web dende onde podedes descargar programas gratuítos, se ben o meu favorito, o Concept Draw Professional que permite elaborar gráficos Pert, Grantt ou eléctricos, é de pago. Fago notar que pode ser unha inversión rendible para estudantes ou xerentes.
Gratuítos:
Mindmap para traballo en grupo.
E para rematar un video de mostra con algunhas ideas ao respecto.
Deica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



