mércores, 22 de agosto de 2012

O ensino da construción hoxe.



Rebuscando pola rede atópome con este interesante artigo elaborado polos profesores Angeles Mas, Vicente Blasco e Carlos Lerma, profesores da UPV.

No intre en que nos atopamos, inmersos xa no proceso de Bolonia e sometidos a un proceso de revolución no acceso e divulgación da información sen precedentes na historia, é evidente que os profesores deben replantexarse a súa labor e a interacción co alumnado, aparte de modificar no preciso a súa metodoloxía, que xa non pode obviar as redes sociais.

Ao respecto o artigo aborda estas novas tecnoloxías coa súa aplicación ao ensino da construción na universidade (perfectamente aplicable aos eidos do ensino secundario e formación profesional).

Independentemente do acordo que se teña cos argumentos e conclusións, considero adecuada unha revisión autocrítica da metodoloxía en base ao artigo, en liña coa idea de permanente reciclaxe e adaptación que se lle supón ao profesorado, hoxe máis importante que nunca. Por suposto que a iniciación dun debate sería moi interesante.

Deica logo.  

mércores, 8 de agosto de 2012

Empregar Youtube na aula.


Xa todos os profesores con conexión a Internet a empregamos, ainda que neste post de Totemgard están explicados uns interesantes trucos para facelo.

http://www.totemguard.com/aulatotem/2012/03/10-trucos-escondidos-para-aprovechar-youtube-en-el-aula/

luns, 6 de agosto de 2012

Curso de chinés multimedia!


Se o necesitas, ao teu alcance, e tamén de balde!

http://www.chinesecom.eu/multimedia/gal/


E máis cousas en

http://www.chinesecom.eu/

domingo, 5 de agosto de 2012

Nova páxina con accesos libres.


Persoalmente arríscome a facer unha predicción e mira que está difícil: o futuro en Internet será libre, con accesos Premium para usuarios que requiran contidos moi específicos ou con maior velocidade de descarga.

Xa existe unha nova páxina en castelán que permite acceso a films e programas de xeito gratuíto e legal, contan de ter pronto libros e contido educativo. Como me gustan estas cousas, vouna seguir e espero que saia ben.  



Deica. 

sábado, 21 de xullo de 2012

Información en aberto, un soño cada véz máis cercano.


Comprobaredes que estou fascinado con esto do OCW: o razoamento é sinxelo, se se crea información ou coñecemento, ou simplemente se recopilan os mesmos nun estamento público como unha universidade, o lóxico é que se transmita gratuitamente e cun acceso fácil.

Xa teño colgado no blog varios enlaces a OCWs de universidades españolas, pero esto ainda é máis gratificante: aulas virtuais totalmente accesibles para calquera simplemente mediante o uso de Youtube. No mesmo xa existe unha canle mediante a cal se pode acceder a exposicións dos profesores, incluso con resolución de problemas.

Como exemplo, a resolución da representación ortográfica dun octaedro, polo profesor Victor Grassa.


Máis na canle de Youtube da Universidade Politécnica de Valencia, nos enlaces á dereita na sección de OPEN COURSE WARE.

domingo, 15 de xullo de 2012

Aumentando o dos idiomas



Dende hoxe xa tendes no apartado superior esquerdo o apartado "English", con enlace ao novo blog "Walking on the cloud", onde tendes recursos de aprendizaxe de inglés, e-books, prensa e pelis subtituladas. Hai que aprender de todo.

Deica.

Ah, e tambén em português, con ligaçao a teses e dissertaçoes de estruturas de construçao.

luns, 2 de xullo de 2012

After Hours de CYPECAD para o ensino.


Ainda que sone retranqueiro, así se denomina á nova versión de libre acceso do popular programa de cálculo de estruturas e instalacións CYPECAD.

O mecanismo de funcionamento é simple: os estudantes, profesores e usuarios actualizados poden traballar libremente en calquer software de CYPE dende 22:00 a 8:00 de luns a venres, e todo o día durante sábados e domingos.

Ainda que seguramente non empece a traballar con él ata o próximo curso, se vos interesa tendes a área de descarga de CYPE para intentar probalo.

Deica.

domingo, 17 de xuño de 2012

Novas entradas.


A día de hoxe se inclúe un novo OCW, neste caso o da UNED. Aparte diso inclúo unha nova lista de ligazóns a repositorios e arquivos dixitais de diferentes universidades.

Aparte creo o novo blogue "En se promenant dans le nuage", con contidos máis centrados no idioma francés e o seu aprendizaxe, aparte de ligazóns a medios de comunicación franceses e a algunhas entidades que ofrecen material educativo nese idioma.

Espero que sirva para algo, e insito en estar aberto a suxerencias, podedes deixar os vosos comentarios nas entradas.

Deica logo.

domingo, 3 de xuño de 2012

Sobre esto do OCW

Opencourseware: vídeo con testemuñas de profesores da UPM que empregaron o método.

Recomendable.

Arrancando, que é xerundio.

Tras unha certa experiencia laboral e unha certa experiencia docente, cando un se para a reflexionar súrxenlle dudas sobre o que fai. Entre elas se é preciso nun intre de explosión da información dixitalizada ter máis de 100 G de información no portátil referidas a diferentes eidos do proceso de deseño e plasmación de construcións.

O entorno cambiante de Internet non da respiro ao que pretende manterse alomenos mínimamente actualizado, e os constantes cambios no mesmo xunto coa proliferación de referencias simplistas ou enganosas obriga a reenfocar o manexo da información dixital. Por outra parte a información dixital posta na rede recebeu un novo empurrón coa magnífica iniciativa do MIT de proporcionar acceso libre aos contidos das súas asignaturas de xeito que os mesmos poideran ser consultado por calquera persoa que non posuíra máis que unha conexión a Internet e curiosidade por novos aprendizaxes ou polo repaso dos mesmos.

Ainda que con retraso, que prefiro non atribuír a intereses elitistas ou escurantistas, a iniciativa xa está sendo seguida polas universidades hespañolas, que xa poñen nos seus portais acceso libre senon a todos, polo menos a algúns dos seus cursos. Fundamentalmente parto coa intención de recoller a información dos OCW que poden interesar a arquitectos, arquitectos técnicos e enxeñeiros da edificación. Xa iniciado nesto, a inclusión de páxinas e blogues referentes a normativa e experiencia profesional cae de seguido.

Faltan por poñer os apuntes e os resumes das asignaturas (unhas cantas) que teño impartido. Atópome coa dificultade da limitada capacidade de almacenamento, que se ben non afecta á cantidade de ligazóns que podo poñer sí me impide subir arquivos, polo menos cantos quixera. A solución pasa logo por facer outros blogues especializados en materias que irán unidos a éste, empregado como matriz. Conto de ir subindo parte deles. Ainda que a intención fundamental é egoísta (manter un orde e descargar a taponada carpeta de Favoritos) sería satisfactorio que servira de utilidade a outras persoas. Agora ben, se un usuario considera a posibilidade de mellorar a páxina presente recibirei as súas suxerencias.

Comecemos logo a pasear pola nube do coñecemento.

Blogues de debuxo técnico

Néstor Martín Gulías Blogue de debuxo técnico e xeometría descriptiva