Deica.
Rede de blogues de ensino. Nalgúns destes blogues ofrezo contidos de películas ou música con copyright que non me pertenze. Non hai para iso máis intención que a de compartilo como medio de aprendizaxe. Tampouco colgo eu estes contidos á rede senon que simplemente dou enlaces aos mesmos. Quen pense que vulnero os seus dereitos de autor non ten máis que solicitarme a retirada dos enlaces mediante un correo electrónico.
xoves, 21 de febreiro de 2013
Deseño dunha estrada en Autocad Civil 3D.
O usuario de Youtube David Roberto Venegas nos aporta neste video un titorial curiosiño para efectuar un deseño de estrada en Autocad Civil 3D. Espero que vos sexa útil.
Deica.
Deica.
mércores, 20 de febreiro de 2013
Selección de videos topográficos da UPM.
Cada vez máis podemos atoparnos en Youtube aulas universitarias explicadas con todo luxo de detalles, que de propina podes repasar en casa cantas veces queiras.
Xa teño posto algún link a videos da UPV con respecto a estacionamento topográfico, e hoxe tócalle á UPM, que a través da Escuela Técnica Superior de Ingenieros en Topografía, Geodesia y Cartografía nos brinda esta fantástica serie de videos sobre operacións con aparatos topográficos.
Que aproveite.
Por fin, estes últimos adicados ao nivel e o itinerario de nivelación.
mércores, 13 de febreiro de 2013
Utilidades Excel para cálculo estrutural.
MaaB Arquitectura y Urbanismo slp ven sendo un despacho bilbaíno de arquitectos que ten feito unhas obras bastante simpáticas que podedes contemplar na súa páxina web.
Aparte da súa páxina web manteñen tamén un simpático blogue denominado Arkyotras, onde falan tanto de arquitectura clásica e moderna como de cine, arqueoloxía ou xenética. Con eles sinto a impresión de que é tan fácil desperdigarse no seu blogue coma no meu.
Pero ao que íamos: tamén teñen no seu blogue para o teu acceso unhas follas de cálculo simples pero bastante ben feitas nas que abordan as comprobacións para vigas de formigón armado, vigas e piares de madeira maciza e laminada, e simplemente vigas de madeira.
Por suposto que non imos calcular un edificio con follas de cálculo, pero os que xa teñades algo de práctica con CYPECAD ou outros programas de cálculo saberedes que estes programas non corrixen automáticamente os fallos detectados no proceso de cálculo dunha estrutura, senon que non deixan aos usuarios a obriga de efectuar as correccións, momento no cal pode vir ben ter unha ferramenta destas a man para efectuar comprobacións antes de introducir as correccións no programa.
As follas son de manexo fácil, moi gráficas e efectúan bastantes comprobacións, aparte de estar bastante ben explicadas nos posts onde as deixan, así que deixo a ligazón que creo que pode ser útil.
Ah, apuntar tamén que as follas distribúense baixo unha licenza Creative Commons, que nos permite copiar, distribuir e comunicar a obra previo recoñecemento do autor.

Zigurat TV
Como xa teredes comprobado, teño subido ligazóns ás canles de Youtube das Universidades de Vigo e de Santiago. Como é lóxico, terá que tocarlle agora a unha canle máis especializada, neste caso centrada no eido do cálculo estrutural.
Se coñecedes CYPECAD, o software desenrolado por CYPE Ingenieros tamén deberíades coñecer Zigurat, que ven sendo unha consultoría formadora en estruturas civís e de edificicación, e que destaca por ter sido pioneira na celebración de cursos e másters no eido do cálculo estrutural celebrados a distancia e on-line, e principalmente baseados no emprego do software CYPE.
Pois dando un pequeno paso máis endiante Zigurat TV consiste nunha canle de Youtube que nos ofrece xa aulas e conferencias impartidas nos eidos da xeotecnia, das estruturas de hormigón e mixtas e na rehabilitación e patoloxía.
Como exemplo unha pequena charla impartida polo amigo Geojuanjo, co gallo do emprego de Youtube como medio de aprendizaxe.

domingo, 10 de febreiro de 2013
Xornada formativa eficiencia enerxética, Oviedo 2012.
Máis ou menos na mesma liña que o comentario anterior vos traio a xornada formativa organizada por FAEN (Fundación Asturiana de la Energía) celebrada en octubre pasado en Oviedo, sobre certificación enerxética de edificios existentes e con posibilidade de descarga das tres poñencias efectuadas.
Deica.
Deica.
sábado, 9 de febreiro de 2013
Mega post: xornadas técnicas do CTE en Valencia, 2012.
Ben, se por algo me interesa pasear pola nube é pola información que podes obter, cada día máis abundante, de mellor acceso e de máis calidade.
Ao respecto unha das miñas queixas correspóndese coa actuación que teñen os colexios profesionais sobre os cursos e documentación sobre novas normativas tan necesarios para calquer profesional de hoxe en día: non lle digo nada novo a calquera compañeiro se lle comento que os colexios profesionais colgan a documentación dos seus cursos en arquivos pdf, se ben aos mesmos solamente acceden os colexiados da circunscripción coa súa clave de acceso á zona privada. Ata ahí máis ou menos ben, pero ocorre que as circunscripcións colexiais de arquitectos técnicos abarcan o eido provincial, de xeito que eu mesmo, que estou de alta nos COAAT de A Coruña e Madrid, non teño acceso á documentación dos cursos efectuados nos colexios de Pontevedra, Lugo ou Ourense, sen ir máis lonxe.
Nun momento en que nos caen enriba normativas como o CTE ou a de eficiencia enerxética, que obrigan a un estudo exhaustivo das mesmas, por non falar de que a súa amplitude fai imposible un dominio completo das mesmas que por outra parte obriga a unha especialización inevitable, resulta case cómico que os técnicos non teñamos acceso inmediato a apuntes sobre esta documentación. Se a isto engadimos que o acceso ás normas UNE segue sendo de pago, pois parece que se nos esixen cousas ao tempo que se nos dificulta o xeito de logralas.
Aínda que non lle vexo un remedio rápido a esta situación, sí que lle podemos encontrar algún pequeno alivio con iniciativas como a do Instituto Valenciano de la Edificación, que o pasado abril non solamente celebrou unhas interesantes xornadas sobre a aplicación do CTE á edificación, senon que de propina colgou na súa páxina web todos os pdf das presentacións, xunto cos videos das poñencias e uns cantos enlaces para ampliar información.
A verdade é tanta documentación que vale a pena baixala e ir mirándoa con tranquilidade, centrándose no documento básico no que requira profundizar. En todo caso queda ligazón ao curso tamén na columna esquerda, no apartado de Normativa Básica e Calidade.
Parabéns en todo caso ao FIVE e esperamos que máis organismos (en especial os oficiais, que son de carácter público e non teñen que funcionar como unha empresa que garde celosamente os seus documentos) se apunten a iniciativas como ésta.
Feliz antroido.

xoves, 7 de febreiro de 2013
MOOC: medre exponencial do coñecemento libre.
Xente, isto vai como unha chispa: hai apenas dúas semanas que falábamos dos MOOC de Miríada X, hai apenas unha semana que falábamos dos MOOC impartidos pola UNED e xa temos outros catro enlaces a cursos masivos online en aberto, a saber:
Udacity: plantexada como unha auténtica universidade on-line, xa espera acadar medio millón de alumnos, e iso que non otorga ningún recoñecemento oficial.
EDX: Plataforma que involucra ás universidades de Harvard, California-Berkeley, Georgetown e Texas, ademáis de outros centros como o MIT, nun campus virtual gratuíto que sí oferta diploma de aproveitamento dos cursos realizados.
Coursera: Plataforma co respaldo da Universidade de Stanford, inclúe foros de intercambio de opinións entre estudantes.
Futurelearn: Proxecto europeo no que de momento están implicadas universidades do Reino Unido e que prevé arrancar cos cursos este ano 2013.
E todo isto en menos de seis anos dende que se empezou a andar con isto dos MOOC. Que, como recordaredes, xurdiron de varias universidades públicas norteamericanas que agora xa ven nesta ferramenta un xeito de captar alumnos para mantelos no seguinte semestre, agora sí pagando as correspondentes taxas de matriculación. Abondando no mesmo, non se considera logo aos MOOC como un complemento senon como parte dun grao, coa correspondente obtención de créditos. O certo é que a prensa máis prestixiosa xa se fai eco do fenómeno e mostra interese polo mesmo. Ben, a historia dos MOOC é curta, pero xa da para facer un video de seis minutos que igual vos interesa. Aviso que as cifras do alumnado asustan.
A cuestión logo consiste en cómo vai influír esto no funcionamento das universidades nun futuro a medio prazo. Con Internet é moi difícil facer cábalas, é un medio en exceso dinámico e un corre moitos riscos facendo quinielas con él, ainda que xa podedes facervos á idea de que isto terá influencia nos modelos de estudos futuros do mesmo xeito que se variou o modelo da prensa, que xa non pode quedar como simplemente escrita en papel. O marco da universidade tradicional pode quedar definitivamente superado con esta ferramenta.
Ao respecto vos aporto tamén un interesante artigo publicado hoxe en La Vanguardia onde se contrapoñen as dúas posicións que en principio adopta o mundo académico con respecto ao fenómeno: velo ben como unha amenaza que pode barrer as universidades ou ben como un tsunami do eido educativo que liberalizará por completo o coñecemento cunha "educación global, aberta e gratuíta".
Como comprenderedes quédome coa segunda opción :)
De todos modos a partir de hoxe xa tendes ligazóns á dereita onde dirixirvos se queredes localizar novos MOOCs.
E por suposto outro video con algunha información máis sobre o tema.
Boas noites e boa sorte.
sábado, 26 de xaneiro de 2013
UNED COMA: a UNED apúntase aos cursos masivos on-line!
Apenas esta semana anterior saudábamos a inicialización por parte de Miríada X da impartición de MOOC (Cursos Online Masivos en aberto) cando ven agora a UNED e se apunta ao mesmo carro ofertándonos unha ampla gama de cursiños nos que mellorar competencias ou descubrir novos saberes.
Se ben é certo que a UNED xa conta co seu propio apartado de OCW (ao que por suposto tedes link á dereita do blogue na sección de Open Course Ware) polo menos ata o de agora non tiña novas de que entrara na liza dos MOOC, pero xa o ten feito mediante unha nova sección na súa páxina web na que nos oferta cursos on-line de comercio electrónico, Open Data, contabilidade, inglés, alemán, etc, etc...
Engadirei que no persoal xa teño feito dous cursos de francés polo CUID (sección de idiomas da UNED) e que quedei moi satisfeito dos resultados e o enfoque, por outra parte os únicos aos que podía presentarme nese momento, sendo a UNED para min unha opción tremendamente válida e da que me sorprende que non se teña feito neste país o desenrolo que merece. Como por outra parte son tamén bastante kamikaze, nada máis velo me teño inscrito no curso de inglés básico con mil palabras, que sen duda non me dará un nivel alto do idioma pero creo servirá para apuntalar o meu desenrolo neste idioma. Se queredes cando remate poderemos comentar se me serveu para algo, ainda que o pillo con bastante ilusión. Por outra parte se tendes algo de nivel de inglés e iste curso se vos queda corto sempre podedes inscribirvos no curso de inglés profesional, en principio máis avanzado.
Xa vos dixen que son bastante kamikaze, así que sí: xa me teño inscrito no de inglés, e poucas cousas máis fáciles: ingresas un correo electrónico, poñes unha clave e estás inscrito. Non, non hai que pagar. Ou alomenos de momento nada. Tampouco tes requisitos previos e promóvese como público a calquer persoa interesada en falar inglés.
Insisto en que podemos comentalo cando queirades, en principio o curso comeza o 18 de febreiro e remata o 18 de abril, data sobre a cal xa poderei darvos unha valoración obxectiva.
Saúdos a todos, e todos a polo coñecemento universal!
martes, 22 de xaneiro de 2013
Infografía: construción dunha torre en estrutura mixta.
Un curioso vídeo mexicano mostrando as fases de montaxe dunha estrutura metal-formigón nun edificio de gran altura.
Almacenar na nube: Mega Beta.
Se xa queredes saber o que nos ofrece Dotcom, ainda que este señor segue pendente do lío da súa extradición aos EEUU, non hai máis que entrar en https://mega.co.nz
Eu acabo de meterme hoxe e admito que ainda non o teño probado, se ben xa fixen o rexistro e sorprende polo sinxelo. Ningún problema, unha clave e confirmación por correo electrónico: xa estás en Mega.
Persoalmente creo que Dotcom ten moi asumida a clave para o triunfo na rede: servizo gratuíto limitado e ampliación a servizo premium con moitas máis posibilidades a cambio dun prezo razoable. Simplemente o feito de ofertar gratuítamente garantizoulle un apabullante éxito con máis de medio millón de usuarios rexistrados o primeiro día.
Unha vez que temos ingresado o plantexameno tamén é pasmosamente fácil. Abrese unha ventana onde xestionamos o espazo que teremos na nube mediante un administrador de arquivos moi semellante ao que empregamos para xestionar os arquivos no PC. Unha mostra do meu escritorio aínda sem empregar (nota: ten catalán e euskera como idiomas de configuración pero aínda lle falta o galego de Carnota :P)
Editado: localizada unha entrevista ao pai do invento. Lembrade que aprender idiomas non é un esforzo senon unha necesidade.

Se xa chegástedes aquí, xa tendes á vosa disposición 50 GB para empregar como espazo de almacenamento na rede, e todo pola cara bonita. Pagando cantidades variables en función do espazo requerido podes chegar aos 8 TB, máis que un disco duro externo dos bos. Cabe a opción de facer un contrato de empresa que abarca varios ordenadores. Polo que respecta á velocidade non tiven problema algún, se ben ao parecer en canto a páxina se abreu foi bloqueada polo grande número de usuarios, polo que o servidor foi ampliado de inmediato. Se atopades problemas por colapso é previsible que nos próximos días queden resoltos, xa que se deben ao propio éxito da idea.
Eu persoalmente síntome máis que conforme cos 50 GB, aos que espero darlle uso rápidamente incluso como copia de seguridade, ainda que espero ver as posibilidades para compartir arquivos con outros usuarios.
Aproveitade, que é de balde!
Editado: localizada unha entrevista ao pai do invento. Lembrade que aprender idiomas non é un esforzo senon unha necesidade.
xoves, 17 de xaneiro de 2013
Curso intensivo de alemán.
Dende a páxina Destino Alemania nos chega un cursiño on-line intensivo para aprender os primeiros pasos co alemán. Non pensedes que tras acabalo poderedes ler a Goethe, xa que o alemán non é como o inglés, pero se queredes darlle a ese idioma por algo hai que empezar.
Deica.
martes, 15 de xaneiro de 2013
Os cursos de Miríada X.
Seguimos coas contribucións á liberalización do coñecemento, e hoxe lle toca á rede Miríada X.
Xa hai tempo que as universidades anglosaxonas comezaron a facer non solamente liberación co coñecemento (o noso querido OCW) senon que ademáis ofertan páxinas de cursos on-line gratuítos como o MIT Opencourseware.
Paliando a evidente carencia destas ferramentas no mundo hispanoparlante nace Miríada X como unha plataforma para os docentes das universidades hispanoamericanas que conforman a Red Universia. Nesta nova páxina ofértanse Cursos Online Masivos en Aberto (tamén coñecidos como MOOCs), tamén de xeito gratuíto e accesibles para todo o mundo. Basta entrar na sección de cursos (dende agora xa a tendes á dereita na sección de OCW) para atoparvos coas clases on line de teoría de grafos, contratación coas administracións públicas ou alemán para hispanofalantes.
Ánimo, que os avances da ciencia prometen!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)