A fin de completar a adaptación con respecto ás disposicións do RD 235/2013, sobre todo no referido a edificios existentes, están actualizados os programas de referencia para a calificación de EE de edificios mediante o procedemento xeral.
Estes programas quedan como:
CALENER GT: para cualificación de EE de grandes edificios do sector terciario.
CALENER VyP: para cualificación de EE de edificios de vivendas e pequeno e mediano sector terciario.
Ligazón aos programas cos seus respectivos manuais técnicos e de usuario.
Como seguramente vos vai facer falta tamén, vos queda ahí a ligazón ao programa LIDER, que se atopa na web do CTE con versión de 01 de xullo de 2009. Na mesma páxina tendes un manual de usuario.
En todo caso, LIDER non precisa actualización, xa que temos que lembrar que LIDER únicamente calcula a demanda enerxética dun edificio, sen elaborar a certificación de eficiencia enerxética. Para obter a certificación polo método xeral temos que calcular a demanda en LIDER e despois facer a certificación mediante CALENER.
Se hai dudas podemos comentalo.
Deica.
(Editado a 22 / 9 / 2013)
Incorpórase como programa o CERMA, ferramenta que permite a calificación da Eficiencia Enerxética dos edificios, como documento recoñecido para a Certificación Enerxética. Dende agosto está dispoñible no Rexistro de Documentos Reconocidos de Certificación Energética de Edificios para certificar tanto vivendas novas como existentes.
Polo tanto, a data de hoxe para certificar edificios existentes coa opción simplificada dispoñemos de tres programas de cálculo como documentos recoñecidos:
CE3
CE3x
CERMA
Rede de blogues de ensino. Nalgúns destes blogues ofrezo contidos de películas ou música con copyright que non me pertenze. Non hai para iso máis intención que a de compartilo como medio de aprendizaxe. Tampouco colgo eu estes contidos á rede senon que simplemente dou enlaces aos mesmos. Quen pense que vulnero os seus dereitos de autor non ten máis que solicitarme a retirada dos enlaces mediante un correo electrónico.
luns, 29 de xullo de 2013
mércores, 19 de xuño de 2013
Acceso aos rexistros de certificación de EE de edificios.
Como seguramente saibades, e se non o sabedes ide quedando coa copla, dende o 1 de xuño pasado é obrigatorio para edificios ou vivendas que se vendan ou alquilen un certificado enerxético.
E como o rexistro é autonómico xa temos o lío montado se temos que traballar en diferentes CCAA, así que esta entradiña nos di onde facelo.
Sí, o blogue este xa o tendes á esquerda no apartado de Normativa básica e calidade.

venres, 24 de maio de 2013
Os proxectos de Eduardo Torroja.
Se estades nesto do hormigón, non tedes perdón se non sabedes quén foi Eduardo Torroja, se cadra o enxeñeiro que realmente perfeccionou a técnica de armado e pretensado na península.
Pois a través de Estructurando (páxina polo demáis absolutamente recomendable), e concretamente nesta entrada, descubro que o CEDEX escaneou os orixinais dos seus proxectos e os deixa en formato pdf á vosa disposición, concretamente nesta ligazón.
Solamente como exemplo (como ando un pouco apurado non descarguei e deixo as mesmas imaxes que hai na entrada de Estructurando) ver cómo vos podedes descargar os planos do proxecto da ponte sobre o Eo, incluíndo os cálculos e as notas manuscritas do mesmísimo Eduardo.

De propina ligazón á páxina do Centro de Estudios Históricos de Obras Públicas y Urbanismo, organismo encadrado no CEDEX que efectúa a publicación e no que podedes atopar outras obras ben interesantes sobre a historia da obra pública estatal.
Deica.
Deica.
xoves, 23 de maio de 2013
Office 2013.
O obxecto desta entrada é sinalar que a actualización de Office 2013 xa está na nube.
E se non queredes descargalo e activalo non vexades o video seguinte, nin entredes neste link.
Deica.
E se non queredes descargalo e activalo non vexades o video seguinte, nin entredes neste link.
Deica.
domingo, 5 de maio de 2013
Manexo de datos entre Autocad e Excel.
Aínda que na entrada anterior xa puxemos algo ao respecto, quería subir un par de vídeos titoriais coas posibilidades de paso de datos entre Autocad e Excel, bastante útiles para cuestións topográficas.
O primeiro nos indica cómo pasar puntos de Excel a Autocad.
O primeiro nos indica cómo pasar puntos de Excel a Autocad.
Este outro cómo pasar puntos de Autocad a Excel.
O portal Konstruir.com
Pois o seu nome é o que aparece no título, konstruir.com. Nesta páxina cólganse definicións, fotografías e documentos sobre teoría de construción, posúe un foro e apartados de descarga, e oferta utilidades completamente gratuítas para xustificación de diversos apartados do CTE, despece de ferralla ou elaboración de plannings de obra.
De propina poñen titorais en formato de vídeo na súa canle de Youtube, e xa postos pensei que non estaría de máis poñervos un par de vídeos dos que teñen na mesma.
O primeiro nos explica cómo empregar a utilidade que eles mesmos ofertan para efectuar un planning de prazos e inversións de obra mediante diagrama de Gantt.
O segundo nos indica cómo pasar puntos de replanteo de Autocad a unha táboa Excel. Bastante interesante para os alumnos de 1º de Edificación.
De propina poñen titorais en formato de vídeo na súa canle de Youtube, e xa postos pensei que non estaría de máis poñervos un par de vídeos dos que teñen na mesma.
O primeiro nos explica cómo empregar a utilidade que eles mesmos ofertan para efectuar un planning de prazos e inversións de obra mediante diagrama de Gantt.
Tamén queda un link directo á páxina na lista de ligazóns a apuntes xerais sobre construción.
sábado, 4 de maio de 2013
Ferramentas dixitais para mindmapping.
Empregaremos para
referirnos a eles o termo saxón, se ben eu coñecinos como “diagramas orgánicos”,
termo que me parece mais apropiado... en fin, o esnobismo parece estar bastante
aceptado pola rede.
Un mapa mental
consiste nun esquema de memorización representado de xeito radial, de maneira
máis creativa e esquemática que un típico diagrama de chaves ou por puntos.
Foron popularizados por Tony Buzan coa publicación no 74 do libro “Use yourhead”.
Ao elaborar un
mindmap non metemos no mesmo toda a información, se non unha representación da
mesma: a clave cando se elabora este tipo de esquemas é organizar a información
e aumentar o esquematismo elaborado de xeito que un concepto poida quedar
definido por unha soa palabra ou termo, que actúe como un “gancho” ou “palabra
clave” que arrastre máis conceptos que xa coñecemos previamente, construíndo un
“mapa” dos coñecementos que queremos lembrar, non explicando os mesmos.
Mindmap cos puntos clave de elaboración de mindmaps.
Por outra parte,
o seu xeito de desenrolo é bastante práctico, xa que partimos do centro do
folio onde o elaboramos, tendo maior liberdade e espazo para facer unha
organización dos conceptos que iremos anotando.
Borrador de apuntes polo método de mindmap.
Por suposto que para facer mindmaps non son precisos máis que rotuladores de cores e un folio, se ben esta forma de organización de esquemas é adecuada para o seu tratamento dixital, de xeito que xa
existen na rede aplicacións, moitas delas gratuítas, que nos permiten elaborar
no noso ordenador mapas mentais fácil e rapidamente.
Mindmap dixital con conceptos básicos de instalacións eléctricas.
Acerca da súa
utilidade, emprego e elaboración teño atopado un curso básico de mapas mentais
ben interesante elaborado pola Diputación Foral de Guipúscoa que poño á vosa
disposición aquí.
Aparte dunha
serie de seis vídeos onde explican detallada e graficamente o seu emprego podes
descargar un arquivo en pdf na parte inferior, no link Anexo: descargar manual completo, para
telo gardado.
Se tedes interese polo procedemento (o teño empregado con bos resultados, por certo) vos deixo como remate algunhas direccións web dende onde podedes descargar programas gratuítos, se ben o meu favorito, o Concept Draw Professional que permite elaborar gráficos Pert, Grantt ou eléctricos, é de pago. Fago notar que pode ser unha inversión rendible para estudantes ou xerentes.
Gratuítos:
Mindmap para traballo en grupo.
E para rematar un video de mostra con algunhas ideas ao respecto.
Deica.
domingo, 28 de abril de 2013
Instalación e primeiros pasos con Dialux (software para iluminación de edificios).
Dende a páxina web de DIAL podedes descargarvos gratuítamente o software DIALUX, unha ferramenta bastante interesante para xustificar cálculos lumínicos, que aparece dividido como un programa para cálculo en interiores e de edificios completos (Dialux EVO 2) e un programa para cálculo de iluminación en viais, instalacións deportivas e espazos abertos (Dialux 4.11).
Despois de terlle botado un ollo admito que a interfaz e as posibilidades de comandos parecen bastante amigables e interesantes, se ben un programa que ofrece moitas posibilidades é tamén complicadiño de manexar. Unha das primeiras dificultades é que a descarga antes recomendada non aporta unha base de datos de luminarias, en boa parte xa que a lista de fabricantes é moi amplia, así como a oferta de luminarias e os empregos das mesmas. Isto obriga a que para operar no programa teñamos que localizar os catálogos da marca que nos interesa (por outra parte un amplio número de marcas ten desenrolado catálogos con formato específico para o emprego en Dialux), descargalo e logo metelo no noso programa creando unha base de datos de luminarias.
Como o proceso en xeral parece un pouco farragoso (qué principio non o é?) teño buscado información sobre o programa, e ainda que non atopei o manual en pdf sí que descubrín uns vídeos elaborados por por Miguel Vadillo (aquí a súa canle en Youtube, con bastantes vídeos formativos de oferta moi variada) que poño de seguido por se tedes que poñervos co programiña.
1 Descarga e instalación de Dialux.

2 Descarga e instalación de catálogo Philips de luminarias.
3 Proxecto de interior.
4 Proxecto de interior.
5 Proxecto de interior (outro local no mesmo proxecto).
6 Realización dunha película (paseo virtual) co resultado anterior.
Por outra parte, dende A Coruña Daniel Rocha Crespo (aquí a súa páxina) nos aporta un pequeno titorial de traballo co programa e os arquivos do proxecto que serveu de base ao mesmo. Útil, francamente.
Tamén dende Colombia, un traballiño ou guía para o deseño de instalacións interiores efectuado polos estudantes Julián Andrés Rodríguez e Cristian Alejandro Llano. Moi interesante igualmente, se ben non podemos pasarnos de aplicar a correspondente normativa española.
Deica outra.

sábado, 20 de abril de 2013
Catálogo visual de estradas de Galicia.
A través da páxina web da Xunta de Galicia chegamos á consellería de Medio ambiente, territorio e infraestruturas, que nos ofrece un catálogo visual de estradas de Galicia.
Consiste o mesmo nunha base de datos que te permite percorrer visualmente as vías principais das catro provincias galegas, polo menos aquelas transferidas á Xunta de Galicia. Podes facer un percorrido completo polas estradas aparecidas, de xeito completamente visual e poidendo determinar número de carrís, ancho de calzada, peraltes, pendentes, coordenadas UTM e existencia de zanxas, beirarrúas, cunetas... onde sexa preciso trazar redes de servizos. Tamén podes contemplar o estado das infraestruturas e comprobar o trazado de curvas, situación de travesías e localización de rotondas e sinalización. As fotos aparecen coa súa data, o que te permite facer unha idea da súa actualización.
O uso non supón grande dificultade, poidendo facer o percorrido por PKs, pero tamén tes a opción de descarregar un manual en pdf na parte superior esquerda.
Como mostra o inicio do percorrido da estrada AC-404 Santa Comba-Baio.

domingo, 14 de abril de 2013
Angulos en topografía: unidades, sistemas e introdución en formato Excel.
Como faremos algún exercicio con folla excel, na que haberá que meter datos de ángulos, e estes teñen algunha complicación con Excel, vos fago un pequeno resumo das unidades e sistemas que podemos atoparnos en medición de ángulos topográficos.
01 Orixe de ángulos horizontais. Cadrantes.
Convén indicar, antes que nada,
que a referencia angular para o CERO, en Topografía, é o eixo “y”, que marcará
o Norte. Por tanto, unha vez que estacionamos e visamos para marcar un orixe de ángulos estamos marcando o eixo "y" do plano en planta. Isto corresponde coas coordenadas que logo nos aportará a estación total cando lle pidamos resultados en coordenadas.
O senso de xiro, para ángulos
positivos, é o coincidente coas agullas do reloxo. Por iso os cadrantes que
se forman nos goniómetros serán os da figura da dereita:
|
|
02 Unidades de medición angular.
2.1 Sistema
centesimal (GRA na ET). De lectura inmediata, fácil manexo e interpretación de expresión decimal
ou complexa.
Porro introduciu coa súa
taquimetría a división centesimal da circunferencia, que consiste en dividila
en 400 partes iguais correspondéndolle a cada un deses arcos un ángulo central
que é o grado centesimal. Cada grado divídese en 100 partes, sendo cada
unha delas o minuto centesimal, e cada minuto divídese en 100 partes
iguais, sendo cada unha delas o segundo centesimal.
Deste xeito o círculo completo
ten:
2.2 Sistema sexasesimal (DEG
na ET). Sistema incómodo polo xeito de operar cos
resultados, temos que facer transformacións.
Se dividimos a circunferencia
en 360 partes iguais, a cada un destes arcos correspóndelle un ángulo central
do cal a magnitude é o grado sexaseximal. Cada grado sexaseximal
divídese en 60 partes iguais, sendo cada unha delas o minuto sexaseximal
e cada minuto en outras 60 partes iguais, que son o segundo sexaseximal.
Así pois, un círculo completo terá:
Así pois, un círculo completo terá:
360º = 360 * 60 = 21.600’’ = 360 * 60 * 60 = 1.296.000’’
2.3 Sistema
circular (RAD na ET). O número de radiáns que posúe
un ángulo é función do arco ao radio, é dicir, é a lonxitude do arco medida co
radio como unidade.
2.3 Sistema de milésimas artilleiras.
A equivalencia entre as unidades centesimais, sexaseximais e radiáns queda como segue:
04 Introdución de datos en Excel.
Excel opera en radiáns, polo
que se facemos unha folla de cálculo temos que efectuar o paso de unidades.
Lembremos que os aparatos topográficos miden en sistema centesimal. Por tanto, se nunha celda temos que operar cun ángulo de sistema centesimal, o xeito de facelo será deixando na celda unha ecuación co seguinte formato:
=G7*(SENO(C7*PI()/200))^2
A explicación é que Excel traballa en radiáns,
polo que para traballar en sexaseximais ou centesimais hai que empregar PI
Se
empregamos sexaseximais (360º) a equivalencia entre sexaseximais e radiáns é
180º = Π rad
Se
empregamos centesimais (400º) a equivalencia é de 200º = Π rad, de onde sae a fórmula anterior.
O cal queda resumido na seguinte figura.

Para saber máis:

Jacinto Santamaría – Teófilo Sanz. Manual de Prácticas de
topografía y cartografía. P. 50
José Antonio Pardiñas García, J.A. La estación total. P. 21 e
ss.
Martín
Morejón, L. Topografía y replanteos. Barcelona, 1975. P. 16 e ss. Levantamento topográfico con poligonal pechada e método de reiteración.
Dende Arequipa, Perú, Danny González nos aporta unha serie de catro vídeos onde nos analiza a forma de traballo para efectuar unha poligonal pechada aplicando o método de reiteración. Tras unha introdución teórica, aproveita para explicarnos o funcionamento dunha folla de cálculo elaborada por él, moi completa e que efectúa xa automáticamente conversións e compensacións. Nas descricións dos vídeos deixa ligazón a un vínculo de Mediafire onde vos podedes descargar a folla de cálculo. Se non vedes o link de descarga premedes na información do víeo "Mostrar máis " e ahí vos aparece.
Como complemento, os catro vídeos. Un visionado moi útil.
Como complemento, os catro vídeos. Un visionado moi útil.
venres, 5 de abril de 2013
Sobre o trazado de curvas horizontais de estradas.
Para o meu inquedo alumnado deixo unha ligazón a trazado horizontal de curvas, hai que irlle botando un ollo para o luns.
Deica.
Deica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)