A día de hoxe vemos nesta nova publicada no diario La Voz de Galicia que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) multa con 400.000 euros aos propietarios-promotores de catro chalets en Fisterra.
Simplemente destacaría do texto que, se ben o Concello afirma ter dictado orde de paralización das obras, estas atopábanse en solo clasificado como rústico, polo que os expedientes de reposición da legalidade parecen ter pasado a ser xestionados pola APLU.
Rede de blogues de ensino. Nalgúns destes blogues ofrezo contidos de películas ou música con copyright que non me pertenze. Non hai para iso máis intención que a de compartilo como medio de aprendizaxe. Tampouco colgo eu estes contidos á rede senon que simplemente dou enlaces aos mesmos. Quen pense que vulnero os seus dereitos de autor non ten máis que solicitarme a retirada dos enlaces mediante un correo electrónico.
domingo, 19 de xaneiro de 2014
sábado, 11 de xaneiro de 2014
Arquitecto Técnico en Inglaterra.
Como a cousa está que arde, hai que mirar novas vías e por hoxe vos traio un destiño nada desdeñable, o Reino Unido, e concretamente no sector da construcción.
O pasado mércores pola noite tivemos unha videoconferencia no Colexio de A Coruña onde se nos explicaron algunhas novas referentes á profesión, entre elas a posibilidade de colexiarnos directamente en Inglaterra co título de Enxeñería da Edificación. Como o tema parece interesante e ten bastante miga estou todavía en proceso de buscar información e referencias ao respecto para publicala noutra entrada máis estructurada, pero que saibades que a posibilidade ten visos de concretarse.
En todo caso e para ir abrindo boca o que me teño encontrado é esta entrada elaborada polo compañeiro Javier Aisa e publicada no blogue de Enrique Alario, na que xa nos explican un pouquiño que Inglaterra pode ser un destiño polo menos case tan apetecible como nos están poñendo Alemania hoxe en día.
Un dos temas interesantes é o alto grao de especialización e organización que atopamos na industria británica na construción. Do que teño mirado ata o momento podemos destacar que dentro do sector construtivo inglés un arquitecto técnico pode desenrolar a súa profesión en ata 32 especializacións (pathways) distintas, polo que cunha certa práctica laboral poderíamos encontrar camiños por onde tirar. Cabe engadir que se en España enteira somos negados para os idiomas no Reino Unido a situación é moito pior: non falan máis que o inglés, o que está limitando a expansión en Latinoamérica de constructoras inglesas, que se interesan por técnicos castelánfalantes aos que pagan soldos bastante aceptables.
A ver se entre este mes e o seguinte vos poño información máis completa.
Saúdos.

martes, 7 de xaneiro de 2014
Programa de cálculo de condensacións en pechamentos.
Na páxina web de RVBurke atopamos esta curiosiña ferramenta para calcular as condensacións nos pechamentos.
Podedes descargala nesta ligazón.
Igual a vemos en clase.
Podedes descargala nesta ligazón.
Igual a vemos en clase.
venres, 20 de decembro de 2013
ETICS: Illar os edificios cambiando a súa pel polo exterior.
Logo teríamos que buscarlle un nome non anglosaxón para o sistema ETICS (External Thermal Insulation Composite Systems with Rendering), pero polo momento é como se lle coñece á técnica de incrementar a inercia térmica da envolvente do edificio mediante a aplicación de illamento polo exterior sen destrución de fachada. Podemos irnos facendo cargo que a técnica ten moitas posibilidades se ben dúas vantaxes sobresaen da mesma: con ela eliminamos por completo as pontes térmicas e podemos facer unha rehabilitación destiñada a mellorar a eficiencia enerxética dun edificio sen perda de superficie útil nin desaloxo dos ocupantes, dun xeito relativamente pouco agresivo.
Sistema:
Os ETICS consisten nun illamento térmico polo exterior, conformados por un panel illante prefabricado adherido á envolvente do edificio, mediante adhesivo e fixación mecánica.
O illamento queda protexido mediante unha ou varias capas de morteiro, unha das cales leva unha malla como reforzo. O revestimento aplícase diretamente sobre o illante, sen cámara de aire.
Vantaxes técnicas do sistema:
1 Os ETICS aplícanse de xeito contínuo por toda a fachada, de xeito que o seu emprego evita a formación das pontes térmicas habituais en pilares de fachada, encontros fachada-forxado e dintel e peana de ocos.
2 Redución das oscilacións térmicas en fachadas, o que repercute nunha diminución das fisuras provocadas en fachada polos continuos cambios climáticos.
3 Mellora sensible do comportamento da fachada ante a penetración de auga.
Compoñentes do sistema:
1 Placas illantes: a máis empregada é a placa de poliestireno expandido EPS con densidade de 20 kg/m3 e espesores de 40, 50, 60 e 80 mm, con marcado CE según UNE EN 13163. Son válidas tamén as placas de poliestireno extruído XPS con marcado CE según UNE EN 13164 e as placas de lá mineral con marcado CE según UNE EN 13162.
2 Ancoraxe mecánica: ancoraxe plástica de polipropileno con aditivos. Debe escollerse a súa lonxitude en función do espesor da placa de illamento a fin de que a atravesen por completo ata o soporte, cunha profundidade de ancoraxe mínima de 40 mm. Os tamaños comúns atópanse entre 90 e 120 mm. Dispoñen de marcado CE segundo guía DITE 014. Cada casa subministradora fai indicacións do xeito de colocación e número de ancoraxes precisos.
3 Morteiro adhesivo: de base cementosa, con áridos, adhesivos e resinas, queda listo para o seu emprego unha vez mesturado con auga. Por toda a cara adherida, preferentemente percorrendo o borde e aplicando pegotes no centro.
4 Morteiro de capa base: aplicado directamente sobre as placas de illamento para reforzo da superficie, con llana ou máquina de proxectar cun espesor aproximado de 2 mm. Aplicarase en dúas capas, e ao rematar a primeira colocarase a malla de reforzo.
5 Malla de reforzo: armadura de fibra de vidro con misión estabilizante fronte a variacións térmicas e resistencias mecánicas. Existen dous tipos: malla normal para as partes altas do edificio (con peso de 130-200 g/m2) e malla reforzada (con peso de 735 g/m2) para zonas onde exista maior risco de impactos: zócalos, tramos inferiores de fachada, cantos de ocos ou alféizares, etc.Con solapes de 10 cm e nas aristas dando unha volta de 25 cm, e colocada a 45º en esquiñas de ocos.
Colocarase sobre a primeira capa de morteiro mentres está fresca facendo presión para que quede embebida, e tras o secado da primeira capa de morteiro botarase unha segunda que cubrirá completamente a malla de fibra de vidro. Tras aplicar a segunda capa e esperar un pouco se pasará por todo o enfoscado unha esponxa ou fratás, deixando a superficie o máis lisa posible.
6 Perfís: de aluminio para aportar resistencia mecánica. En forma de U para a liña máis inferior do revestimento e en esquiñeiro para reforzo das placas en encontros.
7 Imprimación: aplicada 24 horas da segunda capa de morteiro aplícase unha imprimación de fondeo con brocha ou rodillo para igualar e como ponte antes do acabado final.
8 Capa de acabado: mediante proxección, fratasado, raiado, talochado ou directo. como remate final.
Beneficios:
Múltiples. Comezan por un importante aforro enerxético, un aumento da inercia térmica do edificio que favorece tanto en estación cálida como fría, aforro económico para o propietario e un nada desdeñable incremento do período de vida da fachada.
Como sempre hai que saber algo máis, vos deixo as referencias web de onde tirei a información. Saúdos.
http://www.anfapa.com/pdfs/etics.pdf#page=2
http://www.anfapa.com/pdfs/articulos_etics5.pdf
http://www.anfapa.com/pdfs/articulos_etics5.pdf
http://www.arquisolux.com/herramienta.php/es/40
http://www.topox.es/media/pdf/esp/Aislamiento_por_el_Exterior_TOPOX.pdf
http://www.basf.es/ecp1/Spain/es_ES/function/conversions:/publish/upload/02_Products_Industries/02_Solutions/SM10MAD-Final
http://basf.xeradordeprezos.info/basf_ob_heck_mad/index.html
http://www.sate-etics.com/
http://www.sate-etics.com/
http://www.interempresas.net/Logistica/Articulos/42811-Sistemas-ETICS-una-nueva-piel-para-los-edificios.html
Primeira sanción por falsear unha certificación enerxética.
Nesta nova publicada no diario El Mundo observamos que un técnico, do que non se recolle a titulación, foi multado pola comunidade de Madrid por falsear unha certificación enerxética.
Debemos prestar atención ao feito de que o técnico asinou unha cualificación enerxética A, cando a vivenda correspondíalle unha clase C.
Ao parecer, a Comunidade está efectuando labouras de vixiancia das certificacións expedidas, centrándose nas que obteñen cualificación A ou B.
O importe da sanción foi de 4.000 euros. Cabe recordar que os seguros de responsabilidade civil normalmente non inclúen o abono de multas.
Coidadiño e saúdos.
martes, 26 de novembro de 2013
Nivelación topográfica para principiantes.
Paseando por Internet atópome esta monografía de topografía para principiantes, enviada por Jesús Murillo.
Como nunca está de máis repasalo para os que a demos nin mirala para o meu alumnado, ahí vos queda.
Ah, xa que estamos co asunto da topografía tamén unha presentación en Slideshare de Carlos Pajuelo sobre procedementos de control topográfico en estradas.

xoves, 21 de novembro de 2013
Tarifas mínimas... para o sector público.
Canto máis penso no que foi a eliminación por parte do goberno das tarifas mínimas colexiais a aplicar a encargos efectuados polos colexios profesionais máis penso que foi unha medida apresurada que non tivo en conta o efecto tan coñecido pola administración de "baixa temeraria", e que entendo que trouxo graves problemas de ausencia de calidade no sector da edificación.
Agora ben, agora resulta que hai que facer certificacións de EE nos edificios e hoxe o Ministerio de Hacienda publica unha resolución pola cal autoriza unhas tarifas mínimas a cobrar pola Sociedad Estatal de Gestión del Patrimonio SEGIPSA, que cobrará uns mínimos bastante ben especificados pola administración, é dicir, por ela mesma.
Os de a pé seguiremos a ser paganos.

domingo, 17 de novembro de 2013
Captación e almacenamento de auga potable en Pamplona.
Un pequeno video sobre a captación, potabilización e almacenamento en depósitos do subministro de auga potable á cidade de Pamplona.
sábado, 16 de novembro de 2013
Máis, moitísimo máis sobre os MOOCs.
Despois da primeira, a segunda e a terceira, esta sería a cuarta entrada que facemos neste blogue sobre os MOOC. Aínda que non dubido que o
interese que os mesmos producen xustifica sobradamente tal atención.
De todos os xeitos podemos facer un rápido repasiño sobre os
mesmos: o termo MOOC, ou Curso Aberto Masivo Online, comezouse a empregar en
data tan recente como o ano 2008 por David Cormier, quen facía labouras de
comunicación web e innovación na Universidade de Prince Edward Island.
Os MOOC son cursos universitarios aproveitables por calquera
persoa en calquera parte do mundo sen custe algún. Non se reciben créditos por
eles, pero algúns permiten a obtención dun certificado de aproveitamento. Os
cursos abarcan gran cantidade de materias e son deseñados por primeiras figuras
nos campos abarcados. Moitos están en inglés, ainda que non todos e procurando un pouquiño localízalos en castelán.
Posiblemente o máis coñecido é Coursera. Segundo se pode
obter da rede, ten arredor de 17.000.000 de matrículas de estudantes de 190
países, acadando 240.000 matriculados nun só curso. Oferta uns 400 cursos en máis
de 20 categorías, disponibles en 12 idiomas diferentes.
Edx oferta MOOCs e aulas interactivas on line en materias
como dereito, ciencia, enxeñería, ciencias sociais, informática, saúde e
intelixencia artificial.
O MIT de
Massachussets publica de xeito gratuíto a maioría das materias impartidas nas
súas aulas, ofertando máis de 2.000 cursos.
Stanford posúe tamén cursos en aberto, que ao igual que no
caso do MIT son boas opcións se o que pretendes é seguir ao teu propio ritmo.
Dende Europa, en Alemaña Iversity oferta cursos en inglés e
alemán que entraron na rede o pasado mes de outubro. Future Learn é subsidiaria
da British Open University, e se prevé que os seus cursos estean en liña este
mes de novembro.
Para aprender linguas Duolingo ofrece ensinanzas gratuítas
en idiomas. Con respecto a programación Code Academy oferta leccións libres e
interactivas.
Con respecto a Open Culture, pois que é unha páxina á que
lle teño moita simpatía xa que ten precisamente o espíritu de paseandopolanube:
o seu editor localiza na web cursos, películas, documentais e videos libres, albergándoos no
seu site. Os cursos son de audio e video, podendo descarregarse no PC ou para
lectores mp3.
Agora ben, se do que tedes ganas é de curiosear máis aínda
xa vos deixo á vosa disposición unha listaxe moitísimo máis ampla en http://www.mooc-list.com/
Que pasedes un bó anaco con isto, tedes material para facelo!
domingo, 10 de novembro de 2013
Curso sobre a certificación enerxética con CE3X
Ten algúns fallos de video pero polo demáis é ben interesante se estás no asunto. En dúas partes.
domingo, 20 de outubro de 2013
Algunhas puntualizacións sobre o novo DB HE.
Tras unha visual
aos novos elementos, indicar que o novo DB HE, aprobado por Orden FOM 1635/2013, vai
máis aló do simple aforro enerxético nos edificios. A pretensión deste
documento é seguir a Directiva Europea 2010/31, co obxectivo de diminuír o
consumo enerxético nos edificios ata que no ano 2020 os edificios de nova
construción sexan practicamente autosuficientes, rebaixando o prazo para 2018
no caso dos edificios das Administracións Públicas. As esixencias non chegan
aínda a tal extremo, se ben son previsibles novos cambios nun futuro ben
próximo a fin de acadar tal obxectivo.
De momento a
modificación non é obrigatoria ata o próximo marzo de 2014. Por outra parte afecta a edificios de nova construción e a
ampliacións de edificios existentes.
Con respecto aos
cambios, do que é unha vista por enriba podemos destacar as seguintes
novidades:
1 Aparición da
nova sección HE 0. A partir de agora non chega con dar unha cualificación enerxética
ao edificio ou ampliación proxectados, se non que o documento establece un
límite directo ao seu consumo mediante expresión de kwh/año m2, límite que se
establece en función da zona climática onde se atope o edificio e da superficie
útil do mesmo. Para isto emprégase unha fórmula que calcula o consumo máximo de
enerxía nos servizos de calefacción, refrixeración e ACS.
Se ata agora
metíamos o edificio proxectado en LIDER ou CALENER e simplemente mirábamos que
letra obtiñamos en función de como o tiveramos deseñado, agora temos unha
limitación clara ao consumo máximo. Agora ben, o que se fixa agora é o consumo
de enerxía, e non as emisións de CO2. Loxicamente son esperables actualizacións
nos programas LIDER e CALENER para poder efectuar con eles esta labor.
2 Cambios na
sección HE 1: esta é a sección de limitación de demanda enerxética. Pois ben, o
documento comeza por poñer un límite ás demandas de calefacción e
refrixeración, o que obriga a unha incidencia clara nos valores de illamento, que
poden elevar o espesor do mesmo ata 8 cm.
Tamén debemos
recordar que neste documento do ano 2006 deseñábamos o noso edificio, que era o
edificio obxecto, e que tanto LIDER como a opción simplificada creaban un
edificio de referencia, igual ao edificio obxecto pero que cumpría o DB HE1, e
a esixencia consistía en lograr que o noso edificio tivera unha demanda igual
ou mellor que a do edificio de referencia.
No documento do
ano 2013 a esixencia é unha demanda determinada para calefacción e refrixeración,
polo que LIDER e a opción simplificada CE2 deixan de ser válidos ao non dar
directamente os valores límites das demandas.
3 Cambios na
sección HE 3: esta é a sección de instalacións de iluminación. Fanse máis
esixentes os valores VEEI para cada uso, e efectúase unha limitación de
potencia máxima en función do uso.
4 Cambios na
sección HE 4: esta é a sección de contribución solar da ACS. Simplifícanse
táboas e cálculos. A contribución solar mínima depende nada máis que da zona
climática e modifícanse os valores unitarios de consumo de ACS en función do
uso. Deixamos mapa e táboas de zonas climáticas para empregar o dato de
radiación media diaria da localidade.
Por último,
deixar os documentos de apoio (DA) seguintes publicados un pouco despois da
publicación do novo EH.
luns, 29 de xullo de 2013
Novas versións dos programas CALENER e LIDER adaptadas ao RD 235/2013
A fin de completar a adaptación con respecto ás disposicións do RD 235/2013, sobre todo no referido a edificios existentes, están actualizados os programas de referencia para a calificación de EE de edificios mediante o procedemento xeral.
Estes programas quedan como:
CALENER GT: para cualificación de EE de grandes edificios do sector terciario.
CALENER VyP: para cualificación de EE de edificios de vivendas e pequeno e mediano sector terciario.
Ligazón aos programas cos seus respectivos manuais técnicos e de usuario.
Como seguramente vos vai facer falta tamén, vos queda ahí a ligazón ao programa LIDER, que se atopa na web do CTE con versión de 01 de xullo de 2009. Na mesma páxina tendes un manual de usuario.
En todo caso, LIDER non precisa actualización, xa que temos que lembrar que LIDER únicamente calcula a demanda enerxética dun edificio, sen elaborar a certificación de eficiencia enerxética. Para obter a certificación polo método xeral temos que calcular a demanda en LIDER e despois facer a certificación mediante CALENER.
Se hai dudas podemos comentalo.
Deica.
(Editado a 22 / 9 / 2013)
Incorpórase como programa o CERMA, ferramenta que permite a calificación da Eficiencia Enerxética dos edificios, como documento recoñecido para a Certificación Enerxética. Dende agosto está dispoñible no Rexistro de Documentos Reconocidos de Certificación Energética de Edificios para certificar tanto vivendas novas como existentes.
Polo tanto, a data de hoxe para certificar edificios existentes coa opción simplificada dispoñemos de tres programas de cálculo como documentos recoñecidos:
CE3
CE3x
CERMA

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)