sábado, 31 de decembro de 2016

Navisworks: BIM en 4D

Outra das cousas coas que teño que poñerme, por se non me chegaban o BIM e mailo inglés, que Autodesk xa tirou da man un novo software de formato BIM, pero agora en 4D. O do 4D non é que sexa unha simple largada, ocorre que xa non somentes podemos efectuar mediante Revit ou ArchiCAD un modelo 3D moi preciso do edificio que pretendemos facer senon que tamén. podemos integrar o tempo como cuarta dimensión (dahí o 4D) e podemos efectuar un modelo do noso edificio no que se vexa a construción do mesmo ao longo do tempo. 


Por suposto que esta xestión dixital da construción será usualmente previa á propia construción, polo que Navisworks queda como unha ferramenta de planificación e xestión que promete un sinfín de capacidades para xefes de obra e Project Managers, merced á integración con Revit, intercambio de arquivos con Excel, Primavera (ao que semella que podería desbancar nun prazo non moi lonxano) ou mesmo PowerPoint. 


De feito xa vos guindo de seguido un video titorial no que se mostran as capacidades de intercambio con Revit e a capacidade de coordinación de ambos programas.  



As posibilidades dixitais do traballo na construción non parecen logo facer senon multiplicarse, e o problema, claro, é que hai que adaptarse a calquera innovación. Non parece fácil, pero o contrario é quedarse atrás. 

De momento, para ir comezando con este prometedor programiña, unhas axudas que me fun atopando de momento por ahí son as seguintes: 

Este titorial en Youtube do BIM Manager Jaime Guzmán Delgado para Navisworks 2016. 


E este módulo oficial de aprendizaxe tamén de Autodesk para Navisworks 2017.

Se vai aparecendo máis información ireina guindando por aquí.

Saúdos a todos e feliz 2017. 

venres, 30 de decembro de 2016

Redúcese cada vez máis o custe da enerxía fotovoltaica.

O Foro Económico Mundial, os mesmos que montan o follón ese de Davos, publica nun informe que o custe da enerxía fotovoltaica reduceuse un 20% nos derradeiros 5 anos, sendo xa competitiva esta fonte enerxética con outras como as centrais de produción eléctrica baseadas na queima de carbón, esperándose que esta enerxía sexa tan competitiva como a do gas natural para o ano 2020. Tendo en conta que somentes nos Estados Unidos instaláronse 125 paneis solares por minuto no ano 2016, a produción de enerxía solar estase convertindo xa nunha alternativa real aos combustibles fósiles. 


Se cadra o problema máis serio que teñen as renovables hoxe en día é que moitas delas fixéronse cunha tecnoloxía xa obsoleta, polo que parece necesario deixar que consuman o seu ciclo de vida a fin de ir sendo substituídas por outras máis rendibles. Parece un proceso largo que se complica precisamente polo rápido desenvolvemento destas tecnoloxías, pero é posible que para 2050 xa teñamos unha alternativa real ao petróleo.

Precisamente para estar preparados para este momento é para o que se precisa vontade política. Esperemos que non falle.

O informe, aquí. 


Saúdos e feliz 2017. 

domingo, 9 de outubro de 2016

Completado o novo mapa en 3D do mundo.

Segundo esta nova do Centro Aeroespacial Alemán, xa foi completado o novo mapa tridimensional da Terra, cunha precisión e detalle nunca vistos ata agora. 

Para efectualo, o Centro efectuou unha misión que dou inicio no 2010 no aeródromo de Baikonur (Kazajstán) do satélite TanDEM-X, que foi unirse ao TerraSAR-X (xa lanzado no 2007) para efectuar entre ambos unha serie de pasadas en tándem sobre a Terra, efectuando medicións mediante radar que finalmente permitiron a elaboración dun modelo dixital de elevación da superficie terrestre con precisión nunca vista ata a data. 

Os dous satélites efectuando medición por radar.
Os sensores de radar escanearon aproximadamente 150 millóns de km cadrados para obter un paso de rexilla de 12 metros (o ancho dunha rúa) e cunha precisión da elevación determinada de 1 metro, efectuando tamén por primeira vez unha cobertura completa do globo terráqueo. 

Os dous satélites enviaron máis de 500 Terabites de datos, tan detallados que permitirán coñecer as modificacións nas extensións dos glaciares e os xeos polares. O proceso de compilación e organización de toda esta información ocupou a máis de mil profesionais durante dous anos. 

Escaneo do deserto de Nevada, EEUU. Observar os cráteres das probas nucleares efectuadas no pasado neste lugar.




Os datos xa están dispoñibles na páxina web de WorldDEM, xestionada por Airbus Defence and Space, se ben son de pago e requiren algo de tempo para ser subministrados. Con todo na ligazón anterior xa podemos contemplar un mapamundi detallado sen pagar. Para saber se está disposta a zona que nos interesa basta con facer zoom sobre a mesma e clicar para ver se está dispoñible.


Mentres tanto non se liberan estes arquivos podemos ir operando para grandes extensións de terreo cos MDT gratuítos con paso de malla de 200, 25 e 5 m que publica o IGN nesta ligazón.

Para saber máis: 


Páxina web de DLR. 

Modelos dixitais WorldDEM para descarga. 

Listado de produtos WorldDEM. 

Listas de prezos dos produtos e imaxes satelitais de Airbus. 

Modelos dixitais de elevación do IGN 


luns, 28 de marzo de 2016

Resolución do 26 de outubro de 2015, de requisitos técnicos para intercambio de información entre Catastro e Rexistros da Propiedade.

Non teño tempo de analizala, pero guindo aquí o contido da resolución publicado en BOE a fin que teñamos a man outra referencia legal cando teñamos que obter e facilitar datos técnicos de parcelas. 



Saúdos. 

sábado, 26 de marzo de 2016

Autodesk Robot Structural Analysis Professional 2016

Nada, que como a Semana Santa é unha data propicia para estropear por Internet e baixarse cousas, desta probei con Robot Structural, a versión de cálculo de estruturas da casa Autodesk, que como sabedes comparte os seus programas se son para emprego educacional. 

De momento moi pouquiño que falar, simplemente que instalalo xa dou traballo, non tanto como REVIT pero sí o suficiente como para ter que desactivar firewall e antivirus mentres executamos a instalación, a primeira vez non o fixen e quedoume colgada a medio camiño. Como estes programas teñen que descargar varios xigas, xa vos imaxinades a alegría que dou. 

A primeira vista aparenta complexo, se ben os comentarios nos foros son que pronto, en compaña de REVIT, pode facerse con todo o mercado. 

Como non teño para moito máis, de momento poño aquí links que poden ser útiles aos que pretendades poñervos co programa. 






E por suposto unha serie de videos para irse introducindo. 






















E para rematar, este titorial de cómo facer estruturas de formigón armado. 



Deica. 

domingo, 28 de febreiro de 2016

Curso completo de pavimentación asfáltica.


Non o poño completo porque iba petarme a publicación de tantos vídeos, pero acabo de atopar na canle Youtube da UPM un curso completo de pavimentación asfáltica en vídeos de Youtube, que dende logo non vai nada mal para quen teña que mirar cousas destas. 


Porsia, os repito o link aquí. 


Deica logo.  

sábado, 2 de xaneiro de 2016

Manual on-line de AutoDesk REVIT 2016.

Dende 2011 AutoDesk pechou os grifos de soltar manuais en formato pdf dos seus programas, o que a verdade non me parece tan boa idea aínda que Internet tense desenrolado de sobras nestes anos. 

A cambio disto o que fai a empresa é publicar dixitalmente manuais de axuda dixitais. O que vos traio hoxe ven sendo o manual oficial da empresa para REVIT 2016, a nova versión do programa BIM por excelencia de AutoDesk. Hai que ter en conta que para presentar proxectos no eido da UE as súas institucións xa piden que os proxectos se subministren obrigatoriamente en formato BIM, deixando de lado os arquivos .dwg ou .pdf. 


Imaxes de proxectos arquitectónicos realizados con REVIT

Así pois, o que vos podo deixar de momento é esta ligazón que vos envía directamente ao manual dixital de REVIT, o que espero que vos sirva para a apredizaxe da ferramenta, coa que teño que poñerme eu mesmo sen máis dilación.

E como sempre pode facer falta o manual on-line de calquera dos produtos de Autodesk, aquí vos deixo tamén ligazón á súa páxina de axuda.

A maiores, como sempre pode facer falta, unha publicación que me atopei na páxina de The Masonry Society sobre modelizado de albañilería en BIM. En inglés, iso si. 

E para facer BIM Management, dende a páxina española de Building Smart as guías uBIM de documentos de estandarización para usuarios BIM.

E como nunca ven de máis, un titorial oficial de Autodesk para comezar a andar con esto de REVIT en 6 unidades expostas en documentos pdf: 1, 2, 3, 4, 5 e 6. 


E para pasar un pouco máis o tempo unha serie de vídeos titoriais nesta lista de reprodución de Youtube, e este titorial dunha casa de dúas plantas xunto con este curso en 8 vídeos. 

Feliz 2016. 

luns, 12 de outubro de 2015

Cursos completos de Civil 3D 2016 en Youtube.


En relación coa entrada anterior, outra na que temos un curso completo de deseño xeométrico de estrada con Civil 3D 2016, dende a importación de puntos ata deseño xeométrico, movemento de terras e seccións obtidas. 






Para ver algunha cousa máis, a canle Youtube do autor, Wilder Yaranga. A súa páxina web, que inclúe os arquivos de puntos con que fixo os titoriais, nesta outra ligazón.

Unha canle Youtube na que aparecen moitos titoriais é a de Topocad C3D. 

Outro curso completo, orientado agora a estradas, está nesta lista de reprodución. Os arquivos de puntos do terreo están nesta entrada de blogue. 

Se ningún dos anteriores vos convence, tendes esta outra lista de reprodución na canle de Aleksander Laurent. 

Para aprender algo máis, estes apuntes de Civil 3D en CivilGeeks, xunto cos apuntes de Sergio J. Navarro. 

E dende a mesma páxina un manual de ploteado. 


E como pode facer moita falta, A PÁXINA OFICIAL DE AUTODESK PARA AXUDA DE CIVIL3D 2016. 



Que aproveite. 

Titoriais en Youtube de programas de certificación de Eficiencia Enerxética.



Ben, a estas alturas xa coñeceredes os principios legais e técnicos da Certificación de Eficiencia Enerxética na edificación. 

Se non o sabedes, pois moi mal. Pero sempre podedes miralo no CTE DB HE e nas páxinas respectivas de Certificación de Eficiencia Enerxética nos Edificios e podedes descargarvos programas e ferramentas de cualificación no Rexistro de documentos recoñecidos do mesmo CTE, en ligazóns do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Si, ese mesmo que este sábado pasado publicou en BOE o RD 900/2015 de autoconsumo, o que inclúe o condanado Impuesto ao Sol. 

Agora ben, saberedes tamén que, de feito, a xustificación das esixencias básicas pedidas polo CTE é bastante complicada, por non dicir inabarcable dende o punto de vista do traballo manual, de operacións en papel e incluso con folla Excel. O certificador de hoxe en día debe contar obrigatoriamente co auxilio de programas informáticos adecuados a fin de emitir os seus cálculos, o que esixe manexo do programa e coñecementos construtivos e de interpretación dos resultados que lle permitan detectar o erro, que usualmente non se revela a non ser moi groseiro.

Como hai que saber de principios construtivos, coñecer a normativa e de propina manexar un programa polo común farragoso e con moitos detalles aos que atender, estar ao día neste eido faise moi costa arriba. Así que, como calquera axuda está ben, penduro aquí uns videos titoriais atopoados en Youtube que francamente teñen boa pinta (aínda non me puxen con eles) a ver se van valéndonos de algo.

O primeiro ven a cargo de ECOEFYS SL, empresa de auditoría enerxética, Entidade de Control e Cualificación Enerxética de edificios, e tamén de Formación especializada.

Esta empresa subiu a Youtube o seguinte video onde analiza cun exemplo un exercicio completo coa ferramenta unificada Lider-Calener (para obra nova). Poño de seguido o video completo, que dura case que dúas horas e media, así que como se pode facer moi longo podedes mirar na súa canle de Youtube, onde podemos atopar o mesmo exercicio dividido en tres partes, facendo a visión máis asumible. Na descrición do video tendes tamén ligazón para baixarvos os arquivos empregados no exemplo, todo  un detalle. Para máis descargas, a dirección de descargas da súa páxina web.


Ricardo Álvarez tamén sube a Youtube un titorial de modelización na mesma ferramenta unificada Lider-Calener (para obra nova). O vídeo, de seguido. 


Adrián Lloret sube igualmente outro video para modelización na ferramenta unificada Lider-Calener (para obra nova). 


Dende a Universidad Miguel Hernández de Elche, e da asignatura Eficiencia Energética, correspondente ao grao de Enxeñería Mecánica, tamén temos unha lista de reproducción na que desenrola igualmente un exemplo de aplicación do programa Lider. Tamén a páxina web da asignatura. 

Engine-er MEC sube tamén un titorial en dúas partes para emprego de Calener VYP (vivendas e pequeno terciario). De momento non ten máis videos, esperemos que continúe. 

Os dous videos, de seguido. 




Certificados energéticos tamén sube unha lista de reproducción enteira na que elabora un titorial de sete videos nos que mostra un titorial de aplicación do CE3X (Edificios existentes). 

E por último guindo un vídeo da canle Youtube de Raúl Carmona Muñoz, que tamén ofrece servizos de formación a través de EasyCTE, páxina de consultoría e formación. Na súa canle Youtube ten bastantes vídeos que abranguen dende o cálculo de estruturas ata instalacións e CTE, e un  deles é o que vos poño no que indica cómo cumprir o DB HE-0.


Bastante que mirar, deica logo e que aproveite! 



domingo, 13 de setembro de 2015

Multimapas comparados.

O que me atopo esta vez é francamente curioso e ten non poucas aplicacións ao urbanismo e á ordeación do territorio. Localicei mediante esta entrada de Ingeniería en la Red a páxina de Javier Jiménez Shaw, enxeñeiro de software que fixo esta interesante aplicación denominada Multimapas nos que podes ver e comparar (mediante superposición ou sincronización) dous mapas dunha colección que abarca dende a cartografía de catastro ata as recentes ortofotos do PNOA ou os famosos vóos americanos de 1956. Para mostra un botón. 




A utilidade por suposto é inmensa sobre todo para comparar dun vistazo as evolucións urbanísticas do territorio nas últimas décadas, o que para o caso de Galicia pode ser máis ben lamentable.

O manexo é tamén moi sinxelo mediante un simple menú na cabeceira da páxina. Tes a opción de superpoñer mapas ou de partir a pantalla para mostrar os mapas comparados e podes descarregar resultados como un arquivo GPX para empregar no GPS, subir un arquivo do mesmo formato para modificar unha ruta ou obter as coordenadas e cotas dun punto do mapa.

Insisto que as posibilidades e utilidades son enormes, tanto para o técnico de ordeación que debe comprobar a antigüidade dunha edificación ou para o sendeirista que pretende trazar unha ruta.

O enlace da páxina, repetido aquí. 

Espero que vos sexa útil. Saúdos. 

sábado, 12 de setembro de 2015

Diccionarios on-line da construción.

Se cadra xa vai sendo tempo que nos poñamos a elaborar un dicionario on-line da construción en galego, non viría nada mal. 

O que sucede con isto da Internet é que cada vez a cousa vai máis rápido, cada vez temos máis información ao alcance da man e cada vez xorden máis iniciativas que vannos facendo a vida máis doada aos que temos que manexar moita información nunha actividade multidisciplinar como é a construción ou deseño de edificios.

Desta volta estábame paseando pola rede cando atopeime casualmente o dicionario da Fundación Laboral de la Construcción, no que, dun xeito bastante gráfico e resumido fan un listado de termos que non está para nada de máis para quen se inicia no eido da construción ou simplemente ten unha dúbida para un termo. A ligazón aquí. 

E como mostra, a definición neste mesmo diccionario do termo retroexcavadora. 



Como me puxen a curiosear de seguido con San Google, o certo é que non tardei en atopar outros dicionarios tamén interesantes.

O primeiro o dicionario do portal Construmática, este en principio un pouco máis simple xa que ten poucas imaxes, que sempre son de agradecer cando se trata de definir elementos construtivos. A ligazón, aquí. 

Outro que me chamou bastante a atención foi o do portal Construnario, este un pouco máis amable xa que aporta para os elementos definidos algúns gráficos e fichas técnicas descarregables. A ligazón e de seguido unha pequena mostra. 


Estas ferramentas en principio teñen bastante bó aspecto e parecen útiles, se ben espero nas mesmas unha pronta mellora.

Agora ben, se sodes profesionais, e, para o caso de estudantes, se volo podedes permitir, un dos mellores libriños que teño visto é o Diccionario visual de la Construcción, editado polo COAC e que trae unha amplísima mostra de termos construtivos e arquitectónicos, marabillosamente grafiado e que todo técnico debera ter a man. O COAG editouno tamén cunha versión de castelán-galego (a orixinal era castelán-catalá) que non teño localizado na rede, pero podedes acceder á versión castelán-catalá (ainda que recomendo encarecidamente a súa adquisición) mediante esta ligazón. Unhas mostras de seguido para certificar que este libro é unha pequena xoia. 





Tamén, dende a Real Academia de Ingeniería de España, o Diccionario Español de Ingeniería. 


Por último, un pequeno resumo das ligazóns vistas. 







Espero que vos sexan útiles. 

Deica logo.