domingo, 3 de xuño de 2012

Arrancando, que é xerundio.

Tras unha certa experiencia laboral e unha certa experiencia docente, cando un se para a reflexionar súrxenlle dudas sobre o que fai. Entre elas se é preciso nun intre de explosión da información dixitalizada ter máis de 100 G de información no portátil referidas a diferentes eidos do proceso de deseño e plasmación de construcións.

O entorno cambiante de Internet non da respiro ao que pretende manterse alomenos mínimamente actualizado, e os constantes cambios no mesmo xunto coa proliferación de referencias simplistas ou enganosas obriga a reenfocar o manexo da información dixital. Por outra parte a información dixital posta na rede recebeu un novo empurrón coa magnífica iniciativa do MIT de proporcionar acceso libre aos contidos das súas asignaturas de xeito que os mesmos poideran ser consultado por calquera persoa que non posuíra máis que unha conexión a Internet e curiosidade por novos aprendizaxes ou polo repaso dos mesmos.

Ainda que con retraso, que prefiro non atribuír a intereses elitistas ou escurantistas, a iniciativa xa está sendo seguida polas universidades hespañolas, que xa poñen nos seus portais acceso libre senon a todos, polo menos a algúns dos seus cursos. Fundamentalmente parto coa intención de recoller a información dos OCW que poden interesar a arquitectos, arquitectos técnicos e enxeñeiros da edificación. Xa iniciado nesto, a inclusión de páxinas e blogues referentes a normativa e experiencia profesional cae de seguido.

Faltan por poñer os apuntes e os resumes das asignaturas (unhas cantas) que teño impartido. Atópome coa dificultade da limitada capacidade de almacenamento, que se ben non afecta á cantidade de ligazóns que podo poñer sí me impide subir arquivos, polo menos cantos quixera. A solución pasa logo por facer outros blogues especializados en materias que irán unidos a éste, empregado como matriz. Conto de ir subindo parte deles. Ainda que a intención fundamental é egoísta (manter un orde e descargar a taponada carpeta de Favoritos) sería satisfactorio que servira de utilidade a outras persoas. Agora ben, se un usuario considera a posibilidade de mellorar a páxina presente recibirei as súas suxerencias.

Comecemos logo a pasear pola nube do coñecemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario