venres, 30 de novembro de 2012

Cálculo de redes de saneamento en HA

Paseando pola nube atópome un programa de cálculo de tubos, e xa postos, de cálculo de redes de saneamento con tubos de HA elaborado pola ATHA (Asociación Española de fabricantes de tubos de Hormigón Armado), que como é gratuíto e ten relación co que miramos por aquí pois o colgo por se vos vai ben. O link aquí.

En xeral paréceme bastante completa, especialmente no de ofrecer apartados como a súa biblioteca de publicacións na que tamén oferta, aparte de datos de cálculo, algunha ficha técnica como a de probas de tubaría instalada. 

Como os suministradores de materiais tamén teñen que facilitar o seu concurso, teño atopado ademáis na páxina de Uralita uns programiñas para que fagas o mesmo pero con tubaría de PVC, incluíndo as famosas táboas de Prandtl-Colebrook.

En todo caso recomendo botarlle unha visual a ambas páxinas se estades facendo cousas de instalacións urbanas, parécenme moi recomendables.

Ah, e se hai que calcular os valores das precipitacións máximas tendes esta monografía do Ministerio de Fomento: "Máximas lluvias diarias en la España Peninsular".
Deica.

mércores, 28 de novembro de 2012

O concurso de maquetas de pontes de enxeñeiros de Bilbao

A verdade moito me temo que se empezo por decirvos que os enxeñeiros de Bilbao fan pontes de mondadentes que aguantan pesos de 700 kilos ides pensar que estou a botar un chiste de bilbaínos. Pero nada máis lonxe da realidade.


A Escola Técnica Superior de Ingeniería de Bilbao xa ten celebrado 11 edicións do concurso de maquetas de pontes feitas con palillos. Estes concursos están acadando cada vez máis fama ata o punto que xa vexo aquí o inicio dun novo deporte basco, á altura das competicións de erguemento de pedras, carreiras de bois ou sega de fincas. De feito este certame xa é patrocinado pola BBK.

Se cadra o único que lle vexo como defecto é que aínda é un certame limitado a poucos participantes (un dos seus concursantes leva gañadas 7 das 11 competicións) e que o número de estruturas presentadas tamén é pequeno, quedando o último ano en 7. Por outra parte o certame establece dous premios, un para estética (o mellor deseño) e outro para resistencia (as pontes presentadas sométense a carga ata que parten, tendo o autor da última que quede en pe o privilexio de poder “indultala”), polo que o esmero na elaboura da maqueta tamén da satisfaccións, o que non é de estrañar vendo algún dos deseños.


Vos deixo con outro video, recopilación das reportaxes televisivas e unha entrevista de radio efectuadas sobre o evento, que nos da unha idea do traballo fantástico que fan estes alumnos, que aparecen comentando as súas obras, o cal non deixa de ter algo de interés se pensamos no tempo que adicamos a escoitar os estúpidos comentarios que fan a maioría dos futbolistas tras cada partido.

Polo menos se nos recortan en ensino e nos retiran laboratorios e material informático vainos quedar facer enxeñería con mondadentes. 



martes, 27 de novembro de 2012

Canle de videos da Universidade de Vigo.

Buceando pola rede me atopo coa televisión da Universidade de Vigo

Consiste a mesma nunha colección de videos desta entidade, moitos deles con valor educativo (moitas conferencias interesantes) e tamén con información institucional. 

Xornadas, proxectos, videocurricula, homenaxes e conferencias tamén dispostos ao libre acceso simplemente con clikar os mesmos.

Como botón de mostra vos deixo unha conferencia sobre o impacto dos parques eólicos na fauna, en especial aves e morcegos, a cargo de Francisco Arcos, técnico de recursos naturais da consultora de medio ambiente Arcea. 




sábado, 24 de novembro de 2012

A ponte do AVE en O Eixo (Santiago de Compostela)

A construción de pontes é tanto unha arte coma un oficio. Neste caso vos traio o simpático video da construción da ponte no Eixo para o AVE a Santiago de Compostela, elaborada pola empresa galega Grupo Puentes. 

Cabe engadir sobre o mesmo que as forzas provocadas por un tren de alta velocidade superan con moito as provocadas polo tráfico motorizado. Isto obrigaba a crear no centro do viaducto un punto fixo, e para conseguilo se efectuaron dúas pilas de formigón armado que foron posteriormente abatidas (creando unha rótula no seu apoio) ata o seu encontro, formando un arco cuxa clave sería o punto fixo da ponte. 

As pilas son de formigón armado, e a sección da ponte de caixón de formigón armado. A contratista principal foi OHL e a propietaria ADIF, con estrutura calculada por Pondio Ingenieros. Recomendo de todos os xeitos mirar o video con atención a fin de comprobar a magnitude dos traballos efectuados, indescriptible polo tamaño dos elementos e a precisión requerida. 


Atopar traballo en redes sociais e Internet.



35webs.com ten preparado esta guía para os que buscan traballo, e cólgoa no blogue xa que a ofertan gratuitamente e piden darlle a máxima difusión.

Esta guía parte do principio básico de afrontar coa cabeza fría a difícil situación do desemprego. Comeza por repasar a redacción de CV (incluíndo cómo convertilo nunha infografía) e carta de presentación,  buscadores de emprego xerais e específicos, e por suposto o uso de Facebook, Linkedin ou Twitter para mostrar a túa busca. Incluso cómo preparar unha entrevista laboral a través de Skype.

E todo con amplas referencias web por se queres ampliar información e puntos de contacto.

Se estás buscando emprego non digo que o poidas conseguir grazas a esta guía, pero pode botarte unha man nun momento en que o mercado laboral é unha loita a cara de can, espero que te sirva de algo e que teñas moita sorte.

Deica. 

xoves, 22 de novembro de 2012

O blogue de Ana Varela.

Ben, se lle publiquei unha entrada a Mónica Folgueira terei que adicarlle outra á miña hirmá, que tamén ten o seu propio blogue

Agora ben, non atopo xeito de describir o mesmo, dado que me perde un pouco ir vendo cómo a miña hirmá vaise transmutando en Uma Thurman amputando membros en Kill Bill, ainda que se trate dunha metáfora. Sen embargo non deixa de sorprenderme o seu mergullamento na arte marcial do Iaido Kendo. Do mesmo o concepto que xa me sonaba era o de encarar a loita non como un combate entre contrincantes físicos senon como unha loita contra un mesmo.

Por suposto que o blogue destila conceptos, sabiduría, arte e tradición oriental, ata o punto que lendoo entran ganas de coller unha katana de madeira e liarse a mamporros con todo bicho vivinte. 


Cando menos espero que vos sirva para coñecer algo máis da milenaria e fantástica cultura xaponesa. 

Boas noites. 

sábado, 17 de novembro de 2012

Convalidar titulos para traballar en Alemania


"Vivir y trabajar en Alemania" é unha páxina con interesantes informacións para aqueles que, a diferencia de min, tedes unha idade tal que vos queren en Alemania. 

Nesta entrada ofrecen unha información bastante valiosa sobre a convalidación de títulos en Alemania. 

Cabe engadir como apunte que o proceso de convalidación correspóndelle a cada "land", ainda que se especifica que o goberno federal está pola labor de harmonizar as convalidacións. Despois falan das autonomías españolas...

En fin, ahí vos queda o link da entrada

Deica logo. 

A ponte Woodrow Wilson

A conexión dos estados de Virginia e Maryland no entorno da cidade de Washington, unha megaconstrución das de agarrarse. 





domingo, 4 de novembro de 2012

Aprender xaponés grazas á tv xaponesa.

Se queres aprender xaponés, a NHK (radio e televisión públicas do Xapón) poñen estes contidos tan favorables aos hispanofalantes. 

Trátase dun curso on line estruturado a xeito de radionovela titulada "Xapón, meu amor". Unha locutora latina da explicacións, os diálogos van a cargo de dobladores nativos. 

Ademáis se vos metedes na pestaña de radio e podcasts poderedes aprender a cantar "Subaru", a elaborar satsuma-age ou informarvos sobre o Festival internacional de cine de Tokyo. 

Que aproveite. 

sábado, 3 de novembro de 2012

Lista de vídeos en Youtube para aprendizaxe de idiomas.


Basta con facer unha pequena busca en Youtube para facerse con máis recursos lingüísticos. E busca que te busca atópome coa canle en Youtube de UrStreatWrld

Case nada atoparse unha canle coa que aprender italiano, francés e inglés. Como seguro que vos interesa, ahí vos queda a ligazón que leva a diferentes canles de aprendizaxe. Botádelle un ollo que ten boa pinta.  

http://www.youtube.com/user/UrStreatWrld/videos?view=1 

Boa finde.