sábado, 24 de novembro de 2012

A ponte do AVE en O Eixo (Santiago de Compostela)

A construción de pontes é tanto unha arte coma un oficio. Neste caso vos traio o simpático video da construción da ponte no Eixo para o AVE a Santiago de Compostela, elaborada pola empresa galega Grupo Puentes. 

Cabe engadir sobre o mesmo que as forzas provocadas por un tren de alta velocidade superan con moito as provocadas polo tráfico motorizado. Isto obrigaba a crear no centro do viaducto un punto fixo, e para conseguilo se efectuaron dúas pilas de formigón armado que foron posteriormente abatidas (creando unha rótula no seu apoio) ata o seu encontro, formando un arco cuxa clave sería o punto fixo da ponte. 

As pilas son de formigón armado, e a sección da ponte de caixón de formigón armado. A contratista principal foi OHL e a propietaria ADIF, con estrutura calculada por Pondio Ingenieros. Recomendo de todos os xeitos mirar o video con atención a fin de comprobar a magnitude dos traballos efectuados, indescriptible polo tamaño dos elementos e a precisión requerida. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario