Do paso por aquela oficina non podo evitar lembrar a dous compañeiros, Pablo Moñino e Germán Martín. Estes dous enxeñeiros eran literalmente uns cocazos. Germán era moi bó no desenrolo de proxectos, pero Pablo era un caso aparte. Bilingüe en inglés, o principal aporte que lle vía era a creación de arquivos en formato Excel para o cálculo de elementos estruturais de formigón prefabricado. A verdade acojonaba un pouco velo chegar co seu libro de Cálculo de forjados do doctor Calavera e velo poñerse a encher celdas con fórmulas e táboas, que despois nos pasaba ao resto para que simplemente poñendo uns poucos datos poideramos calcular cerchas, forxados ou losas para os proxectos ou orzamentos que levábamos a cabo. Xunto con Germán crearon unha especie de manual de cálculo de prefabricados que incluía todos os produtos da empresa e resumía o seu emprego e cálculo con táboas e gráficos, aforrandonos moitísimo traballo aos demáis técnicos. Tamén Pablo daba conferencias aos compañeiros (foi él quen me meteu na cabeza o famoso concepto de "trúput") e de propina impartía conferencias sobre a empresa polo mundo endiante.
Posteriormente a empresa non me renovou e busqueime a vida por Galicia. Tiven algún contacto moi esporádico coa antiga empresa, e souben no ano 2010 que estaba en dificultades, e que finalmente botara o peche en 2013. Pensaba a veces no que pasara cos meus antigos compañeiros, pero sentíame bastante tranquilo por Germán e sobre todo por Pablo, estaba seguro que haberían atopar traballo onde fora, e que seguramente habería empresarios dispostos a pelearse por telos en plantilla. Con todo non me atrevía a contactarlles, demasiada xente que coñezo o pasou mal e simplemente non tes ganas de chamar para escoitar historias cada unha máis tremenda que a anterior.
Pero non puiden resistirme cando vin o perfil de Pablo nunha rede social profesional, así que lle mandei unha mensaxe e pedinlle novas, a ver cómo lle iba, e mandoume de volta outro mail facilitándome o contacto con Germán Martín, que estivo en Oriente Próximo pero xa está de volta en Madrid dando caña novamente. Ainda que con respecto a Pablo quedei branco cando me dixo que estaba de misionero en Kenia! Se me esperaba velo nunha oficina punteira dunha empresa inglesa ou norteamericana facendo investigación ou anáilse comparado de metodoloxías de cálculo estrutural resulta que, sumado á Comunidad Misionera de San Pablo Apóstol adica os seus esforzos a construír presas para asegurar o subministro de auga nos períodos de seca para poboacións que están pouco menos que na idade de ferro, facendo fornos de cal para non depender do subministro de cemento e construíndo con terra. Todo isto rodeado de poboación armada e predadores nocturnos, é o que segundo me comenta, e non o dudo, son os anos máis felices da súa vida.
Ah, que tampouco despreciedes as redes sociais, que son algo máis que un escaparate, e que hai outras opcións vitais aparte de ser un yuppie. Antes que ser un meigo da enxeñería hai que ser persoa, e tanto Germán como Pablo son grandes persoas ás que recomendo como profesionais e como amigos, aínda que despois de ter escrito isto espero que non me corran a gorrazos!
Deica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario