mércores, 17 de outubro de 2012

Abre as súas portas a escola galega de Administración Pública?



Sinceiramente descubrir o OCW non me sorprendeu, pero que a EGAP nos faga o favor de mostraros seus contidos déixame coa boca abrida.

De todas formas, ainda que tarde, benvida sexa a nova que non deixa de ser moi boa. Xa que teño unha conexión lenta en casa non podo mirar se se pode aceder aos cursos de teleformación, non me importa que sexa pagando, pero a documentación, presentacións e arquivos de imaxe incluindo clases e conferencias seguramente nos axuden aos que temos, tivemos ou simplemente esperamos ter relación co sector da administración galega. Temas como servizos públicos, lexislación, urbanismo, turismo e políticas públicas, se son impartidos pola administración non teñen por qué estar mortos de risa nun caixón ou nun arquivador AZ, é lóxico e necesario que estean a disposición dos cidadáns.

Estes días intentarei botarlle unha ollada, se advirto mais cousas interesantes nesta páxina publicareino nos comentários da entrada. De todos os xeitos esa é unha labor que ben pode facer tamén o amigo lector.

Deica.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario