domingo, 28 de outubro de 2012

O Spotify dos libros.

A sociedade dixital avanza imparábel, ben o sabemos aqueles que hai vinte anos ainda andábamos polas aulas universitarias: pouco ten que ver o xeito de traballo actual con aqueles planos a grafo e aqueles orzamentos feitos sobre estadillos con máquinas de escribir que nos fixeron pasar tantas noites en vela.

Agora temos un novo paso nesto da lectura dixital: 24symbols nos ofrece as ventaxas de Spotify aplicadas ao mundo editorial. Tras un breve repaso vexo cousas que non entendo, como clasificar libros como Premium, de xeito que soio son accesibles tras un pago, cando entendo que o servizo Premium debera limitarse a opcións como a descarga ou o copiado e pegado. Por outra parte sorpréndeme ver obras clásicas como Chesterton, Flaubert ou Pirandello  directamente clasificadas como Premium, cando esta tipoloxía sería entendible de aplicarse ás novedades editoriais. 


De todos os xeitos parece unha páxina interesante que podemos ter en favoritos e da que haberá que ir seguindo a evolución en catálogo de fondos e en prestacións para o usuario libre. 

Como sempre, a última palabra téndela vos, ahí vos queda a ligazón.

http://web.24symbols.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario