sábado, 9 de febreiro de 2013

Mega post: xornadas técnicas do CTE en Valencia, 2012.

Ben, se por algo me interesa pasear pola nube é pola información que podes obter, cada día máis abundante, de mellor acceso  e de máis calidade. 

Ao respecto unha das miñas queixas correspóndese coa actuación que teñen os colexios profesionais sobre os cursos e documentación sobre novas normativas tan necesarios para calquer profesional de hoxe en día: non lle digo nada novo a calquera compañeiro se lle comento que os colexios profesionais colgan a documentación dos seus cursos en arquivos pdf, se ben aos mesmos solamente acceden os colexiados da circunscripción coa súa clave de acceso á zona privada. Ata ahí máis ou menos ben, pero ocorre que as circunscripcións colexiais de arquitectos técnicos abarcan o eido provincial, de xeito que eu mesmo, que estou de alta nos COAAT de A Coruña e Madrid, non teño acceso á documentación dos cursos efectuados nos colexios de Pontevedra, Lugo ou Ourense, sen ir máis lonxe. 

Nun momento en que nos caen enriba normativas como o CTE ou a de eficiencia enerxética, que obrigan a un estudo exhaustivo das mesmas, por non falar de que a súa amplitude fai imposible un dominio completo das mesmas que por outra parte obriga a unha especialización inevitable, resulta case cómico que os técnicos non teñamos acceso inmediato a apuntes sobre esta documentación. Se a isto engadimos que o acceso ás normas UNE segue sendo de pago, pois parece que se nos esixen cousas ao tempo que se nos dificulta o xeito de logralas. 

Aínda que non lle vexo un remedio rápido a esta situación, sí que lle podemos encontrar algún pequeno alivio con iniciativas como a do Instituto Valenciano de la Edificación, que o pasado abril non solamente celebrou unhas interesantes xornadas sobre a aplicación do CTE á edificación, senon que de propina colgou na súa páxina web todos os pdf das presentacións, xunto cos videos das poñencias e uns cantos enlaces para ampliar información. 

A verdade é tanta documentación que vale a pena baixala e ir mirándoa con tranquilidade, centrándose no documento básico no que requira profundizar. En todo caso queda ligazón ao curso tamén na columna esquerda, no apartado de Normativa Básica e Calidade.

Parabéns en todo caso ao FIVE e esperamos que máis organismos (en especial os oficiais, que son de carácter público e non teñen que funcionar como unha empresa que garde celosamente os seus documentos) se apunten a iniciativas como ésta. 


Feliz antroido. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario