xoves, 7 de febreiro de 2013

MOOC: medre exponencial do coñecemento libre.


Xente, isto vai como unha chispa: hai apenas dúas semanas que falábamos dos MOOC de Miríada X, hai apenas unha semana que falábamos dos MOOC impartidos pola UNED e xa temos outros catro enlaces a cursos masivos online en aberto, a saber: 

Udacity: plantexada como unha auténtica universidade on-line, xa espera acadar medio millón de alumnos, e iso que non otorga ningún recoñecemento oficial.  

EDX: Plataforma que involucra ás universidades de Harvard, California-Berkeley, Georgetown e Texas, ademáis de outros centros como o MIT, nun campus virtual gratuíto que sí oferta diploma de aproveitamento dos cursos realizados. 

Coursera: Plataforma co respaldo da Universidade de Stanford, inclúe foros de intercambio de opinións entre estudantes. 

Futurelearn: Proxecto europeo no que de momento están implicadas universidades do Reino Unido e que prevé arrancar cos cursos este ano 2013. 

E todo isto en menos de seis anos dende que se empezou a andar con isto dos MOOC. Que, como recordaredes, xurdiron de varias universidades públicas norteamericanas que agora xa ven nesta ferramenta un xeito de captar alumnos para mantelos no seguinte semestre, agora sí pagando as correspondentes taxas de matriculación. Abondando no mesmo, non se considera logo aos MOOC como un complemento senon como parte dun grao, coa correspondente obtención de créditos. O certo é que a prensa máis prestixiosa xa se fai eco do fenómeno e mostra interese polo mesmo. Ben, a historia dos MOOC é curta, pero xa da para facer un video de seis minutos que igual vos interesa. Aviso que as cifras do alumnado asustan.



A cuestión logo consiste en cómo vai influír esto no funcionamento das universidades nun futuro a medio prazo. Con Internet é moi difícil facer cábalas, é un medio en exceso dinámico e un corre moitos riscos facendo quinielas con él, ainda que xa podedes facervos á idea de que isto terá influencia nos modelos de estudos futuros do mesmo xeito que se variou o modelo da prensa, que xa non pode quedar como simplemente escrita en papel. O marco da universidade tradicional pode quedar definitivamente superado con esta ferramenta. 

Ao respecto vos aporto tamén un interesante artigo publicado hoxe en La Vanguardia onde se contrapoñen as dúas posicións que en principio adopta o mundo académico con respecto ao fenómeno: velo ben como unha amenaza que pode barrer as universidades ou ben como un tsunami do eido educativo que liberalizará por completo o coñecemento cunha "educación global, aberta e gratuíta". 

Como comprenderedes quédome coa segunda opción :)

De todos modos a partir de hoxe xa tendes ligazóns á dereita onde dirixirvos se queredes localizar novos MOOCs

E por suposto outro video con algunha información máis sobre o tema. 


Boas noites e boa sorte. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario