sábado, 26 de xaneiro de 2013

UNED COMA: a UNED apúntase aos cursos masivos on-line!


Apenas esta semana anterior saudábamos a inicialización por parte de Miríada X da impartición de MOOC (Cursos Online Masivos en aberto) cando ven agora a UNED e se apunta ao mesmo carro ofertándonos unha ampla gama de cursiños nos que mellorar competencias ou descubrir novos saberes. 

Se ben é certo que a UNED xa conta co seu propio apartado de OCW (ao que por suposto tedes link á dereita do blogue na sección de Open Course Ware) polo menos ata o de agora non tiña novas de que entrara na liza dos MOOC, pero xa o ten feito mediante unha nova sección na súa páxina web na que nos oferta cursos on-line de comercio electrónico, Open Data, contabilidade, inglés, alemán, etc, etc...

Engadirei que no persoal xa teño feito dous cursos de francés polo CUID (sección de idiomas da UNED) e que quedei moi satisfeito dos resultados e o enfoque, por outra parte os únicos aos que podía presentarme nese momento, sendo a UNED para min unha opción tremendamente válida e da que me sorprende que non se teña feito neste país o desenrolo que merece. Como por outra parte son tamén bastante kamikaze, nada máis velo me teño inscrito no curso de inglés básico con mil palabras, que sen duda non me dará un nivel alto do idioma pero creo servirá para apuntalar o meu desenrolo neste idioma. Se queredes cando remate poderemos comentar se me serveu para algo, ainda que o pillo con bastante ilusión. Por outra parte se tendes algo de nivel de inglés e iste curso se vos queda corto sempre podedes inscribirvos no curso de inglés profesional, en principio máis avanzado. 

Xa vos dixen que son bastante kamikaze, así que sí: xa me teño inscrito no de inglés, e poucas cousas máis fáciles: ingresas un correo electrónico, poñes unha clave e estás inscrito. Non, non hai que pagar. Ou alomenos de momento nada. Tampouco tes requisitos previos e promóvese como público a calquer persoa interesada en falar inglés.

Insisto en que podemos comentalo cando queirades, en principio o curso comeza o 18 de febreiro e remata o 18 de abril, data sobre a cal xa poderei darvos unha valoración obxectiva.

Saúdos a todos, e todos a polo coñecemento universal!

Ningún comentario:

Publicar un comentario