martes, 22 de xaneiro de 2013

Almacenar na nube: Mega Beta.

Se xa queredes saber o que nos ofrece Dotcom, ainda que este señor segue pendente do lío da súa extradición aos EEUU, non hai máis que entrar en https://mega.co.nz

Eu acabo de meterme hoxe e admito que ainda non o teño probado, se ben xa fixen o rexistro e sorprende polo sinxelo. Ningún problema, unha clave e confirmación por correo electrónico: xa estás en Mega. 

Persoalmente creo que Dotcom ten moi asumida a clave para o triunfo na rede: servizo gratuíto limitado e ampliación a servizo premium con moitas máis posibilidades a cambio dun prezo razoable. Simplemente o feito de ofertar gratuítamente garantizoulle un apabullante éxito con máis de medio millón de usuarios rexistrados o primeiro día. 

Unha vez que temos ingresado o plantexameno tamén é pasmosamente fácil. Abrese unha ventana onde xestionamos o espazo que teremos na nube mediante un administrador de arquivos moi semellante ao que empregamos para xestionar os arquivos no PC. Unha mostra do meu escritorio aínda sem empregar (nota: ten catalán e euskera como idiomas de configuración pero aínda lle falta o galego de Carnota :P)





Se xa chegástedes aquí, xa tendes á vosa disposición 50 GB para empregar como espazo de almacenamento na rede, e todo pola cara bonita. Pagando cantidades variables en función do espazo requerido podes chegar aos 8 TB, máis que un disco duro externo dos bos. Cabe a opción de facer un contrato de empresa que abarca varios ordenadores. Polo que respecta á velocidade non tiven problema algún, se ben ao parecer en canto a páxina se abreu foi bloqueada polo grande número de usuarios, polo que o servidor foi ampliado de inmediato. Se atopades problemas por colapso é previsible que nos próximos días queden resoltos, xa que se deben ao propio éxito da idea.  

Eu persoalmente síntome máis que conforme cos 50 GB, aos que espero darlle uso rápidamente incluso como copia de seguridade, ainda que espero ver as posibilidades para compartir arquivos con outros usuarios. 

Aproveitade, que é de balde!

Editado: localizada unha entrevista ao pai do invento. Lembrade que aprender idiomas non é un esforzo senon unha necesidade. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario