Seguimos coas contribucións á liberalización do coñecemento, e hoxe lle toca á rede Miríada X.
Xa hai tempo que as universidades anglosaxonas comezaron a facer non solamente liberación co coñecemento (o noso querido OCW) senon que ademáis ofertan páxinas de cursos on-line gratuítos como o MIT Opencourseware.
Paliando a evidente carencia destas ferramentas no mundo hispanoparlante nace Miríada X como unha plataforma para os docentes das universidades hispanoamericanas que conforman a Red Universia. Nesta nova páxina ofértanse Cursos Online Masivos en Aberto (tamén coñecidos como MOOCs), tamén de xeito gratuíto e accesibles para todo o mundo. Basta entrar na sección de cursos (dende agora xa a tendes á dereita na sección de OCW) para atoparvos coas clases on line de teoría de grafos, contratación coas administracións públicas ou alemán para hispanofalantes.
Ánimo, que os avances da ciencia prometen!
Rede de blogues de ensino. Nalgúns destes blogues ofrezo contidos de películas ou música con copyright que non me pertenze. Non hai para iso máis intención que a de compartilo como medio de aprendizaxe. Tampouco colgo eu estes contidos á rede senon que simplemente dou enlaces aos mesmos. Quen pense que vulnero os seus dereitos de autor non ten máis que solicitarme a retirada dos enlaces mediante un correo electrónico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario