sábado, 20 de abril de 2013

Catálogo visual de estradas de Galicia.

A través da páxina web da Xunta de Galicia chegamos á consellería de Medio ambiente, territorio e infraestruturas, que nos ofrece un catálogo visual de estradas de Galicia

Consiste o mesmo nunha base de datos que te permite percorrer visualmente as vías principais das catro provincias galegas, polo menos aquelas transferidas á Xunta de Galicia. Podes facer un percorrido completo polas estradas aparecidas, de xeito completamente visual e poidendo determinar número de carrís, ancho de calzada, peraltes, pendentes, coordenadas UTM e existencia de zanxas, beirarrúas, cunetas... onde sexa preciso trazar redes de servizos. Tamén podes contemplar o estado das infraestruturas e comprobar o trazado de curvas, situación de travesías e localización de rotondas e sinalización. As fotos aparecen coa súa data, o que te permite facer unha idea da súa actualización.

O uso non supón grande dificultade, poidendo facer o percorrido por PKs, pero tamén tes a opción de descarregar un manual en pdf na parte superior esquerda.

Como mostra o inicio do percorrido da estrada AC-404 Santa Comba-Baio. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario